Mitre, Bartolomé
Militar e político. Exiliado en Chile, Bolivia e Perú, en 1852 regresou a Bos Aires, onde se uniu a Justo José de Urquiza contra a ditadura do gobernador Juan Manuel de Rosas (1829-1832 e 1835-1852). Nomeado ministro de Guerra da provincia de Bos Aires (1853), rexeitou o plano federal de Urquiza, que pretendía unir a provincia á República Arxentina e, enfrontados abertamente, conseguiu derrotalo na Batalla de Pavón (1861). Nomeado presidente da República (1862-1868), baixo o seu mandato entrou na Triple Alianza contra Paraguay (1865). Fundador do xornal bonaerense La Nación (1870), en 1874 protagonizou un alzamento contra Nicolás Avellaneda, pero foi derrotado. Publicou La Historia de Belgrano y de la independencia argentina (1876-1877) e Historia de San Martín y de la emancipación sudamericana (1889-1890).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bos Aires -
Deceso