"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Xefe chileno dos araucanos. Derrotou a Pedro de Valdivia e ao seu sucesor, Villagrán. Caeu prisioneiro nas montañas e despois foi condenado e executado en Cañete. O seu renome provén da relación que Alonso de Ercilla fixo das súas fazañas en La Araucana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen causa.

    2. Persoa física que, por mor da súa morte, provoca a sucesión legal ou testamentaria dos seus bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aníbal António Cavaco Silva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e matemático francés. Estudiou a teoría dos conxuntos e os problemas derivados da súa axiomatización; tamén se interesou pola xénese das teorías científicas. Participou na Resistencia e foi fusilado polos nazis. Entre as súas obras cómpre destacar Méthode axiomatique et formalisme (Método axiomático e formalismo, 1937) e Remarques sur la formation de la théorie abstraite des ensembles (Notas sobre a formación da teoría abstracta dos conxuntos, 1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico e produtor. Residiu en París, onde contactou coa vangarda artística dos anos vinte e, posteriormente, marchou a Inglaterra (1939-1949) e Austria, onde adaptou ao cine a obra de B. Brecht Herr Puntila und sein Knecht Matti (1956). Anos máis tarde volveu a Brasil, onde se converteu nun dos inspiradores do “novo cinema” brasileiro. Traballou realizando programas para televisión en diversos países e impartiu clases na UCLA de California. Dirixiu, entre outras películas: Le train sans yeux (O tren sen ollos, 1926), Les vacances du diable (As vacacións do diaño, 1931), Coal Face (Faciana de carbón, 1936), The First Gentlemen (O primeiro cabaleiro, 1945) e Yerma (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, caricaturista e crítico de arte. Coñecedor das vangardas europeas de entreguerras, converteuse nun dos renovadores da arte moderna no Brasil. Colaborou xunto con Anita Malfatti na creación da Semana da Arte Moderna (1922). Introduciu os temas brasileiros nas súas obras, como as favelas ou as festas populares, pintou escenas e tipos populares, e, sobre todo, a figura da mulata. A súa produción caracterizouse pola influencia do expresionismo e, principalmente, da poética do futurismo italiano e do tratamento xeometrizante das figuras segundo a obra de Fernand Léger. Entre as súas obras sobresaen Cinco moças de Guaratinguetá (1930), Mulata sentada (1936) e Cens da Bahia (1960). Está presente nas principais coleccións de arte contemporánea do Brasil. Entre os diversos galardóns que acadou destacan o Premio da II Bienal de São Paulo 1953 e a Medalla de Ouro da II Bienal Interamericana de Arte (México, 1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De familia güelfa, ocupou diversos cargos públicos e participou activamente nas loitas internas da cidade. Foi discípulo de Brunetto Latini, mantivo amizade con Dante Allighieri e recibiu a influencia da filosofía de Averroes. Considérase o principal representante do dolce stil nuovo. Da súa produción consérvanse arredor de cincuenta composicións das que destacan a canción “Donna mi prega”, sonetos e baladas que cantan a Giovanna ou a Madonna Primavera, entre as que destaca “Perch’io non spero” (1300). É autor tamén de poemas cómico-satíricos e de correspondencia (un soneto de queixa a Dante) e dunha serranilla. O primeiro libro impreso que recolleu as súas composicións foi Sonetti e canzoni di diversi antichi autori toscani, in X libri raccolti (Sonetos e cancións de varios autores toscanos antigos, recollidos en X libros, 1527).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte italiano. Estudiou na Academia de Venecia e foi inspector de belas artes en Roma. Publicou obras sobre pintura italiana e flamenga, en colaboración con Joseph Archer Crowe entre 1825 e 1896; entre elas destaca A New History of Painting in Italy (Unha nova historia da pintura en Italia, 1864-1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e xesuíta. Discípulo de Galileo, foi catedrático de Astronomía en Boloña e introduciu os logaritmos en Italia. Da súa obra destaca Geometria indivisibilium continuorum nova quadam ratione promota (Nova xeometría dos indivisibles continuos con algún cálculo resolto, 1635) e Exercitationes geometricae sex (Seis exercicios xeométricos, 1647), estudo no que estableceu a teoría dos indivisibles e expuxo o seu gran descubrimento: a conexión que existe entre a diferenciación e a integración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. O seu apelido orixinario era Caletti, pero adoptou o do seu protector Federico Cavalli. Foi organista (1640) e mestre de capela de San Marcos de Venecia (1668). A súa produción relixiosa seguiu a tradición veneciana dos Gabrieli e de Monteverdi (Musiche sacrae, 1656) e (Vesperi, 1675). Das súas óperas destacan Didone (1641), Ormindo (1644), Giasone (1649), Calisto (1651) e Ercole amante (1662), nas que usa o recitativo dramático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés do condado de An Cabhán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica italiana. Accedeu á dirección cinematográfica despois de producir documentais históricos para a RAI. Os seus filmes máis destacados son: Il portiere di notte (O porteiro da noite, 1974), La pelle (A pel, 1981), Berlin affaire (Asunto en Berlín, 1985), Francesco (1988) e Dove siete? Io sono qui (Xestos de amor, 1993). Tamén dirixiu obras teatrais e escenificacións de óperas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, historiador e avogado. Foi síndico do concello de Madrid (1831) e censor político de teatros (1832-1856). Publicou, entre outras obras: Lequeitio en 1857 (1858), Diálogos políticos y literarios y discursos académicos (1859), Historia de España (1860-1863) e Memoria sobre el fuero de Madrid del año 1202 (1892). Foi membro da Academia de la Historia (1841) e da Academia de Ciencias Morales y Políticas (1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da orde das malvais, de follas alternas, flores pentámeras reunidas en cimas umbeliformes e froitos alados. Propio do S de América, caracterízase por presentar un tronco en forma de pipa que almacena auga e substancias nutritivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Estivo en diversas cortes italianas. Publicou Ricercari, motetti, canzoni (Ricercari, motetes, cancións, 1523). O seu fillo, Girolamo Cavazzoni (1525? - 1577?), coñecido como d’Urbino, foi un dos organistas italianos máis destacados do s XVI e traballou en Santa Bárbara de Mantua entre os anos 1565 e 1577. En 1543 publicou un libro de ricercari.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal do Piemonte, Italia, que comunica os ríos Po e Tesino. Cunha lonxitude de 82 km, construíuse entre 1862 e 1869.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería de orixe vasca. Traballou con Tristán de Argiz no mosteiro de Caión (1564) e con Gonzalo de la Bárcena no Hospital de San Roque de Santiago de Compostela (1582).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Exerceu como avogado e xornalista antes de se introducir no mundo do cine, no que comezou como guionista. Destacou polas súas películas xudiciais, entre outras: Justice est faite (A xustiza está feita, 1950), Nous sommes tous des assassins (Nós somos todos uns asasinos, 1951), Oeil pour oeil (Ollo por ollo, 1956) e La raison d’ État (A razón do Estado, 1978). Dirixiu tamén: Les amants de Verone (Os amantes de Verona, 1948), Avant le Déluge (Antes do Diluvio, 1953) e L’amour en question (O amor en cuestión, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Emigrado a Arxentina, desenvolveu nese país a súa actividade ata o seu regreso a España. Despois da Guerra Civil, e sobre todo nos anos corenta, alternou colaboracións en publicacións periódicas galegas, como La Voz de Galicia, e madrileñas. Das súas obras destacan Dicionario de El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha (1962), Dicionario del novelista (1983) e Antologia del pensamiento cinematográfico (1947?), primeira obra que un autor galego dedica á técnica cinematográfica e ás súas repercusións artísticas a partir de obras e artigos preexistentes, cunha estrutura didáctica na que relaciona frases máis ou menos coñecidas que serven para unha aproximación aos primeiros cincuenta anos do cine. Son rechamantes as reproducións de pensamentos de S. M. Eisenstein, nuns tempos no que todo o soviético estaba anatematizado cultural e politicamente.

    VER O DETALLE DO TERMO