Cavalli, Pietro Francesco

Cavalli, Pietro Francesco

Compositor italiano. O seu apelido orixinario era Caletti, pero adoptou o do seu protector Federico Cavalli. Foi organista (1640) e mestre de capela de San Marcos de Venecia (1668). A súa produción relixiosa seguiu a tradición veneciana dos Gabrieli e de Monteverdi (Musiche sacrae, 1656) e (Vesperi, 1675). Das súas óperas destacan Didone (1641), Ormindo (1644), Giasone (1649), Calisto (1651) e Ercole amante (1662), nas que usa o recitativo dramático.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Crema, Lombardía

  • Deceso

    Lugar : Venecia