"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Aparato ou dispositivo electrónico dotado dunha pantalla que permite visualizar as imaxes ou a información que proporciona un receptor de televisión, un ordenador ou calquera outro sistema semellante.

    2. Aparato que serve para controlar unha ou varias constantes vitais.

      1. Consola de visualización por pantalla e, especialmente, a pantalla principal dun conxunto de terminais. Os monitores para ordenadores, análogos aos monitores para TV, precisan para o seu funcionamento dispoñer dun adaptador de vídeo en forma de tarxeta. Hai diferentes estándares e distintos tipos de tarxetas, como MDA, CGA ou VGA. Hai tamén monitores multifrecuencia, que simplifican a utilización de diferentes tarxetas gráficas.

      2. Máquina, dispositivo ou programa que permite observar o estado dun sistema e sinalar as desviacións significativas do seu funcionamento. En certas terminoloxías o termo monitor utilízase como sinónimo de supervisor.

    3. Aparato que se emprega para controlar e comparar a calidade do sinal nun punto calquera da cadea de transmisión. Nas emisoras utilízanse os monitores de emisión para controlar os programas que hai que transmitir; consisten nun receptor piloto que funciona constantemente, sintonizado co sinal de saída. Nas emisoras de televisión hai monitores cun gran número de pantallas, cada unha das que dá a imaxe dunha cámara diferente. Os monitores poden ser monocromos ou de cor. Adoitan basearse nun tubo de raios catódicos (TRC), con deflexión electromagnética e control da luminosidade do feixe electrónico. Nos de cor, o tubo ten tres canóns electrónicos en liña e hai un control da intensidade luminosa de cada canón por separado.

    4. Barco de guerra provisto dunha coiraza grosa e equipado con artillaría de groso calibre que se utiliza principalmente na defensa das costas. Foi ideado en EE UU a finais do s XVIII e empregado durante a Guerra de Secesión, pero actualmente caeu en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que instrúe na práctica de certos deportes, disciplinas ou actividades.

    2. Persoa responsable dun grupo de rapaces ou mozos nunha actividade de recreo ou nun campamento de verán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Becerreá a partir de 1900. Impreso en Lugo, tivo como fundador e director a Antonio Correa Fernández e foi unha publicación defensora dos intereses do distrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método pedagóxico, denominado tamén Lancasterian system, que consistía en que os mellores estudantes ou de máis idade ensinasen aos máis novos ou frouxos. Arredor de 1840 estableceuse que os alumnos que quixesen, a partir dos 13 anos, podían facer de monitores, pero os profesores tiñan a obriga de ensinarlles pedagoxía e en cinco anos podían adquirir a formación de mestres. Este método desenvolveuse sobre todo en Francia e Inglaterra no s XIX. Foi levado a EE UU polo propio Joseph Lancaster. En América do Sur tamén se introduciron estas ideas. Fronte ao modelo de ensino mutuo, eficaz desde o punto de vista da alfabetización pero mecanicista, a orientación pestalozziana, atenta a factores psicolóxicos na aprendizaxe e con dinámicas máis ricas didacticamente, tivo maior influencia en centro Europa e chegou a influír en Kant, Herbart e Fröbel, que se converteron nas fontes de renovación do pensamento pedagóxico ao longo da segunda metade do s XIX

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para amoestar ou advertir.

    2. Citación para comparecer ante un tribunal eclesiástico baixo pena de excomuñón ou de calquera outro tipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ixilancia e supervisión da evolución dun fenómeno que permite seguir o curso e o estado dun enfermo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo e político portugués. Estudou medicina na Universidade de Coimbra, onde se doutorou en 1899. En 1902 pasou a exercer como profesor na facultade de Medicina da mesma universidade. En 1911 trasladouse á de Lisboa para ocupar a cátedra de Neuroloxía; en 1929 ostentou o cargo de director do centro. Introduciu e desenvolveu a anxiografía cerebral, método de diagnóstico de gran valor para a detección de enfermidades intracraniais que permite ver os vasos sanguíneos do cerebro ao inxectarlles substancias opacas aos raios X. En 1936 realizou con A. Lima unha lobotomía, primeira intervención cirúrxica no cerebro para tratar unha enfermidade mental. Compaxinou o seu labor científico coa carreira política; foi deputado (1903-1917), embaixador de Portugal en España (1917), ministro de Asuntos Exteriores (1918) e presidente da delegación portuguesa da Conferencia de Paz de París (1918). Publicou máis de 300 traballos científicos e estudos sobre figuras das letras e das artes plásticas entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi piloto náutico e comezou pintando mariñas. En Bruges, foi discípulo de Paulus Clays e formouse tamén como gravador. Volveu en 1868 e foi discípulo de Carlos de Haes e Rafael Montesinos. Destacan as súas escenas de tempestades e de naufraxios de raíces románticas. Foi restaurador do Museo Naval de Madrid e dedicouse á copia e reconstrución de maquetas navais e pinturas de barcos. Escribiu unha Historia gráfica de la navegación e Restauración hipotética de las carabelas de Cristóbal Colón (1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que ten as moléculas, en condicións normais, constituídas por un único átomo. Os gases nobres son monoatómicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula do bazo proxenitora do monocito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • univitelino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leucocito grande (de 9 a 12 de diámetro no home), mononuclear, con granulacións protoplasmáticas que tinguen con colorantes azuis de anilina. Leva a cabo actividade fagocitaria en inflamacións e tecidos infectados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado particular do sangue caracterizado polo aumento do número absoluto dos monocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao parasito que se desenvolve nunha soa especie.

    2. Que contén unha soa especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Monumento de pedra dunha soa peza.

    2. Substrato activo dun circuíto integrado, formado por un só cristal, sobre o que, por difusión selectiva, se forman os diferentes elementos do circuíto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao vehículo, especialmente ao avión, que presenta un só motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos monotocardios.

    2. Molusco da antiga orde dos monotocardios.

    3. Antiga orde de moluscos gasterópodos da subclase dos prosobranquios, de cuncha xeralmente en espiral, que, por redución dos órganos do lado dereito, posúen unicamente unha branquia, unha aurícula e un nefridio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de monotongar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reducir un ditongo a unha soa vogal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ogal que resulta da monotongación dun ditongo.

    VER O DETALLE DO TERMO