monitorial system*

monitorial system*
[EDUC]

Método pedagóxico, denominado tamén Lancasterian system, que consistía en que os mellores estudantes ou de máis idade ensinasen aos máis novos ou frouxos. Arredor de 1840 estableceuse que os alumnos que quixesen, a partir dos 13 anos, podían facer de monitores, pero os profesores tiñan a obriga de ensinarlles pedagoxía e en cinco anos podían adquirir a formación de mestres. Este método desenvolveuse sobre todo en Francia e Inglaterra no s XIX. Foi levado a EE UU polo propio Joseph Lancaster. En América do Sur tamén se introduciron estas ideas. Fronte ao modelo de ensino mutuo, eficaz desde o punto de vista da alfabetización pero mecanicista, a orientación pestalozziana, atenta a factores psicolóxicos na aprendizaxe e con dinámicas máis ricas didacticamente, tivo maior influencia en centro Europa e chegou a influír en Kant, Herbart e Fröbel, que se converteron nas fontes de renovación do pensamento pedagóxico ao longo da segunda metade do s XIX