1 monitor
(< ingl monitor)
-
s
m
Aparato ou dispositivo electrónico dotado dunha pantalla que permite visualizar as imaxes ou a información que proporciona un receptor de televisión, un ordenador ou calquera outro sistema semellante.
-
s
m
[MED]
Aparato que serve para controlar unha ou varias constantes vitais.
-
s
m
[INFORM]
-
Consola de visualización por pantalla e, especialmente, a pantalla principal dun conxunto de terminais. Os monitores para ordenadores, análogos aos monitores para TV, precisan para o seu funcionamento dispoñer dun adaptador de vídeo en forma de tarxeta. Hai diferentes estándares e distintos tipos de tarxetas, como MDA, CGA ou VGA. Hai tamén monitores multifrecuencia, que simplifican a utilización de diferentes tarxetas gráficas.
-
Máquina, dispositivo ou programa que permite observar o estado dun sistema e sinalar as desviacións significativas do seu funcionamento. En certas terminoloxías o termo monitor utilízase como sinónimo de supervisor.
-
-
s
m
[COMUN]
Aparato que se emprega para controlar e comparar a calidade do sinal nun punto calquera da cadea de transmisión. Nas emisoras utilízanse os monitores de emisión para controlar os programas que hai que transmitir; consisten nun receptor piloto que funciona constantemente, sintonizado co sinal de saída. Nas emisoras de televisión hai monitores cun gran número de pantallas, cada unha das que dá a imaxe dunha cámara diferente. Os monitores poden ser monocromos ou de cor. Adoitan basearse nun tubo de raios catódicos (TRC), con deflexión electromagnética e control da luminosidade do feixe electrónico. Nos de cor, o tubo ten tres canóns electrónicos en liña e hai un control da intensidade luminosa de cada canón por separado.
-
s
m
[MAR]
Barco de guerra provisto dunha coiraza grosa e equipado con artillaría de groso calibre que se utiliza principalmente na defensa das costas. Foi ideado en EE UU a finais do s XVIII e empregado durante a Guerra de Secesión, pero actualmente caeu en desuso.