"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
CIDADES
Cidade do estado de Mahārāstra, India, ao NL de Bombai (378.546 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador da arte italiano. Foi profesor de Historia da Arte Antiga en diversas universidades italianas ata 1965. Como director xeral de antigüidades (1945-1948) levou a cabo a reorganización dos museos italianos e a restauración dos monumentos afectados pola guerra. Dirixiu a Escola Nacional de Arqueoloxía e a publicación colectiva Enciclopedia dell’arte antica, classica e orientale (Enciclopedia da arte antiga, clásica e oriental, 1958-1967). Entre os seus traballos sobresaen: Storicità dell’arte classica (Historicidade da arte clásica, 1943), La fine dell’arte antica (A fin da arte antiga, 1970) e Dall’elenismo al medioevo (Do helenismo ao medievo, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás biercanderáceas.
-
Fungo da familia das biercanderáceas.
-
Familia de fungos da orde das poliporais, de cogomelos de carne crebadiza e desprovistos de pé. En Galicia son comúns os xéneros Bjerkandera, Piptoporus e Postia.
-
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Traballou na crítica literaria publicando Mérimée (1959), e na novela psicolóxica con Narthex (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua de Oceanía que pertence á familia papua de Nova Guinea. Fálase na provincia de Ouro. Hai tres linguas que se adscriben ao phylum binandereano: notú, orocaiva e corafé.
-
PERSOEIRO
Físico noruegués. Profesor de Física na Universidade de Oslo, investigou o magnetismo terrestre e as auroras boreais e elaborou unha teoría cosmogónica. Conxuntamente con Eyde desenvolveu un procedemento de oxidación do nitróxeno atmosférico mediante arco voltaico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico arxentino. É autor de numerosas curtametraxes como Selinunte (1951) e Buenos Días, Buenos Aires (1960). Tamén dirixiu algunhas longametraxes nas que denuncia fundamentalmente a realidade e os problemas sociais. Estivo exiliado en Italia durante algúns anos por motivos políticos. Entre os seus filmes destacan: Los inundados (1961), Rafael Alberti, un retrato del poeta (1983), Mi hijo el Che (1985) e Un señor muy viejo con unas alas enormes (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor camerunés residente en Francia, coñecido co pseudónimo de Mongo Beti. Publicou Ville Cruelle (Vila cruel, 1954) co pseudónimo Eza Boto. Entre as súas novelas sobre a vida en Camerún durante a etapa colonial destacan Le pauvre Christ de Bomba (O pobre Cristo de Bomba, 1956), Mision terminée (Misión rematada, 1957) e Roi miraculé (O Rei curado milagrosamente, 1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia das biercanderáceas que producen cogomelos de ata 10 cm de lonxitude, semicirculares, sen pé, de cores castañas en bandas concéntricas, e cunha cutícula aveludada. A cara inferior, que presenta uns poros arredondados e moi pequenos, é de cor gris e tórnase castaña ao ser presionada. En Galicia é común a especie B. adusta, que vive sobre a madeira.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico e teatral. Foi coñecido internacionalmente grazas a numerosas interpretacións en películas de Ingmar Bergman.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Industrial e filántropo. Emigrou a La Habana onde se dedicou á industria e ás finanzas. No seu testamento dispuxo a creación dun colexio de primeiro e segundo ensino en Cee, que foi inaugurado o 1 de outubro de 1886 co nome de Colexio Fernando Blanco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico. Ingresou aos oito anos como neno de coro da basílica luguesa, onde recibiu as primeiras leccións de solfexo de mans do mestre de capela Francisco Reyero e do organista Francisco Mariano Mogrovejo. Por mor dunha trasnada perdeu o posto de neno do coro (infantiño). Abandonou a catedral e continuou estudiando música, entrando como frautista na Banda da Milicia Nacional. Viaxou a Madrid e ingresou no Real Conservatorio, onde foi discípulo de Pedro Albéniz (Piano), Antonio Aguado (Harmonía) e Ramón Carnicer (Composición). Simultaneou os estudios do conservatorio cos de órgano co compositor e organista Román Jimeno. En Écija foi profesor de música das fillas do marqués de Peñaflor; alí dirixiu zarzuela e gañou a praza de organista da igrexa de Santa Bárbara, onde permaneceu uns cinco anos ata que volveu a Lugo e acadou a praza de organista da Catedral. Deu concertos de órgano no Casino e no Teatro, e actuou como cantante. Presidiu a sección de música do Liceo Artístico e Literario...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado en Madrid e Barcelona, é profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. A súa obra non se adscribe a ningunha tendencia, segue fielmente as súas vivencias e foxe de toda convención ao utilizar a súa liberdade creativa como motor da súa produción artística. Entre as súas obras máis salientables destacan o Pub Irán de Ourense (1983), a vivenda da Abarcala (O Grove, 1991) e intervencións no patrimonio construído, como as Adegas de San Clodio (Ourense, 1991). Así mesmo, realiza esculturas, pinturas, murais, labores de deseño e instalacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e político venezolano. Contrario á ditadura de Juan Vicente Gómez, participou na revolución de 1945. Foi uns dos fundadores e vicepresidente do partido Acción Democrática (1940), presidente da Asemblea Constituínte (1946) e ministro de Relacións Exteriores. Posteriormente se exiliou a México. Poeta modernista, seguidor dos movementos de vangarda cun contido popular, publicou: Tierras que me oyeron (1921), Canto a España (1923), Barco de piedra (1937) e A un año de tu luz (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa romanesa. Colaboradora de diversas revistas literarias, publicou, entre outras, as obras poéticas Persoana întîia, plural (A primeira persoa do plural, 1964) e Cele patru anotimpuri (As catro estacións, 1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas: en campo de prata, unha banda de azul, acompañada de dous lobos de sable, un arriba e outro no baixo; bordo de ouro.
-
-
Contacto suave feito coa man como mostra de cariño.
-
Maneira de vivir caracterizada polas comodidades e a boa vida, lonxe do traballo e das fatigas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome feminino que ten a súa orixe no latín blanda ‘de carácter amable, cariñosa’, pero tamén hai quen o pon en relación co francés blander, blandir de significado ‘moi próximo’. Santa Blandina (s II), virxe e mártir francesa, era unha criada que sufriu martirio xunto coa súa ama en 177, na persecución de Marco Aurelio. A lenda conta que a envolveron nunha rede de gladiador para enfrontala ás feras do anfiteatro, pero un boi liberouna é lanzouna polo aire cos seus cornos. É patroa das criadas e servidores domésticos (xunto con santa Marta e santa Zita) e da cidade francesa de Lyon. A súa festa celébrase o 2 de xuño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que se estableceu en terras de León e Portugal. Leva como armas: en campo de ouro, un león rampante ao natural cun puñal espido na pouta dereita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘brando’.