"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Karnātaka, na India (186.846 h [estim 1990]). Conserva restos de templos hindús, e acadou grande importancia nos séculos XVI e XVII cando foi capital dun reino independiente, que chegou a ter preto dun millón de habitantes. Daquela etapa subsisten as murallas e numerosos pazos, mesquitas e construcions de interese: a sepultura de Mu ḥ ammad ‘Ādil Šā (1627-1656), a das Dúas Irmas, o mausoleo de Ibrahim Roza, e os pazos de Anaud, Adalat e Chini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster acrílico chamado tamén dapacril. Ten actividade acaricida e funxicida para os oídios, que desaparece aos 21 días de rematar o tratamento. Preséntase comercialmente en forma de pos humectables cun 25% de materia activa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produtora cinematográfica norteamericana creada no 1895 coa denominación de American Mutoscope Company e transformada no 1903 en American Biograph Company. Produciu filmes de propaganda política. Disolveuse no ano 1915.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome dado ao aparello inventado por Dickson e por Lauste no 1895 nos EE UU, equivalente ao Cinematographe dos irmáns Lumière, e que posteriormente deu nome a unha produtora, a American Biograph.

    2. Nome empregado nalgúns países para denominar o cinematógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico, astrónomo, matemático e químico. Foi profesor na École Centrale de Beauvais, no Collège de France e na Facultade de Ciencias de París. En 1803 estudiou a orixe das chuvias de meteoritos e en 1804 realizou, xunto a Gay-Lussac, a primeira ascensión en globo. No ano 1806, acompañou a Aragó á Península Ibérica para continuar alí a medición do arco do meridiano de París, interrompida trala morte de Méchain. Investigou a condutividade calorífica, a polarización da luz e a propagación do son. Xunto a Félix Savart, estableceu en 1820 a Lei de Biot e Savart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método terapéutico que utiliza cultivos vivos de microorganismos (bacterioterapia) ou secrecións de procedencia diversa (leite, bile, zumes gástricos, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formato de arquivo de fotos ou gráficos, empregado nos sistemas operativos Windows e OS/2. Recibe tamén o nome de mapa de bits e emprega a extensión *.bmp.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Iniciou a súa actividade no grupo afeccionado Tespis, para logo continuar a súa carreira no ámbito profesional, participando en diversos espectáculos como Xoana (1985) de Teatro do Atlántico. Posteriormente formou parte do elenco de espectáculos como A casa dos afogados (1991), Un soño de verán (1992) ou Valle-Inclán 98 (1998), realizados polo Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa groseira, que usa as frases e palabras máis obscenas e indecentes na conversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil de homínidos ao que pertence a especie B. altipaltus procedente do xacemento do Mioceno medio de Rudabanya (Hungría). Esta especie foi descrita a partir duns macizos faciais que conservaban o padal. Na actualidade intégrase na especie Dryopithecus brancoi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación nacionalista que apareceu posiblemente en 1976. Este boletín sucedeu ao Boletín da AN-PG (Galicia), publicado no ano 1976, continuando coa súa numeración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe que saíu en Santiago no ano 1984 baixo o subtítulo “Revista trimestral da Asociación Galega de Apicultura AGA”. No ano 1988 o nº 26 apareceu subtitulado como “Información e divulgación das abellas. Asociación Galega de Apicultura. A.G.A.” A redacción e o asesoramento corrían a cargo de X. M. Asorey e X. L. Meixide. Entre os seus colaboradores atópanse Merche Espiño, X. L. López, X. López, Marcos Varela, Edgar A. Correira e Xosé Torres, entre outros. Trátase dunha revista especializada dentro do campo da Apicultura que contaba coas seccións: “Editorial”, “Técnicas”, “Sanidade”, “Lexislación”, “Flora” e “Informe”. Estaba ilustrada con fotografías e debuxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que comezou a publicarse en La Habana en 1915. Cesou en 1955. A lingua que utilizaba era o castelán agás algunha frase esporádica ou algunha cita en galego. Este boletín era un xeito de “gaceta oficial” que recollía textualmente todo o que se dicía nas sesións da Asamblea de Apoderados. Serviu de libro de actas e incluía debates, informes de comisións especializadas, balances financeiros, contabilidade, situación do sanatorio, do teatro, do colexio, etc. Trátase dunha valiosa crónica que dá mostra do esforzo e interese común dos emigrantes polas institucións que os agrupaba. Cada edición do boletín tiña case 300 páxinas. Publicouse regularmente durante uns 45 anos, ata que o Centro Galego desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Buonaparte Familia de orixe nobre lombarda estendida por diferentes lugares de Italia (Florencia, Treviso, Verona e Padua). Membros relevantes desta familia foron o Emperador Napoleón I e o seu fillo -o Rei de Roma- Napoleón II; Xosé I, Rei de Nápoles e de España; Luís I, Rei de Holanda, e o seu fillo, o Emperador Napoleón III, así como o fillo deste último, o príncipe imperial francés Uxío Luís Napoleón Bonaparte (1856-1879); Xerónimo (1784-1860), Rei de Westfalia, e os seus fillos Xerónimo e Matilde Bonaparte; Luciano Bonaparte, príncipe de Canino; Elisa Bonaparte (1777-1820), gran duquesa de Toscana; Paulina Bonaparte (1780-1825), duquesa de Guastalla; e Carolina (1782-1839), Raíña de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e estudoso de Filoloxía, Química e Ciencias Naturais. Fillo de Luciano Bonaparte, príncipe de Canino, foi deputado na Asemblea francesa (1848) e senador durante o Segundo Imperio.Trátase dun investigador interesado polas linguas minoritarias, especialmente polo éuscaro, o portugués, o asturiano, o saiagués e o galego, que desenvolvía a súa actividade solicitando información e textos aos eruditos das distintas áreas lingüísticas que estudiaba. Compilou as traducións de textos relixiosos como a Oración dominical, o Cantar dos Cantares e o Evanxeo de san Mateo. Carteouse co naturalista galego Víctor López Seoane entre os anos 1887 e 1888 para solicitarlle os nomes dos réptiles, co dialectólogo portugués Leite de Vasconcelos e con Gonçalves Viana, fonetista luso. Elaborou tamén o prólogo da tradución do Evanxeo de san Mateo (Londres, 1861), no que escribiu “Observaciones comparativas sobre la pronunciación gallega, asturiana, castellana y portuguesa”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Napoleón III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Canino, irmán de Napoleón I. Presidente do consello dos Cincocentos (1789), preparou o golpe de estado do 18 de Brumario. Ocupou o ministerio do Interior e unha embaixada en Madrid (1800-1801). Escribiu unhas Memorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Napoleón I Bonaparte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta occitano da escola de Aviñón, pertencente á familia imperial dos Bonaparte. É destacable o seu himno Coupe. Escribiu Li parpalhons blus (1868) e Li piadas de la princessa (1882).

    VER O DETALLE DO TERMO