Biot, Jean-Baptiste

Biot, Jean-Baptiste

Físico, astrónomo, matemático e químico. Foi profesor na École Centrale de Beauvais, no Collège de France e na Facultade de Ciencias de París. En 1803 estudiou a orixe das chuvias de meteoritos e en 1804 realizou, xunto a Gay-Lussac, a primeira ascensión en globo. No ano 1806, acompañou a Aragó á Península Ibérica para continuar alí a medición do arco do meridiano de París, interrompida trala morte de Méchain. Investigou a condutividade calorífica, a polarización da luz e a propagación do son. Xunto a Félix Savart, estableceu en 1820 a Lei de Biot e Savart.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso