Bijāpur

Bijāpur

Cidade do estado de Karnātaka, na India (186.846 h [estim 1990]). Conserva restos de templos hindús, e acadou grande importancia nos séculos XVI e XVII cando foi capital dun reino independiente, que chegou a ter preto dun millón de habitantes. Daquela etapa subsisten as murallas e numerosos pazos, mesquitas e construcions de interese: a sepultura de Mu ḥ ammad ‘Ādil Šā (1627-1656), a das Dúas Irmas, o mausoleo de Ibrahim Roza, e os pazos de Anaud, Adalat e Chini.