"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • PERSOEIRO

    Cantante de rock. Coñecido como Rod Stewart, pertenceu a varios grupos ata que iniciou a súa carreira en solitario. Da súa discografía destacan Every Picture Tells A Story (1971), Atlantic Crossing (1975), Foot Loose & Fancy Free (1977), Camouflage (1984), Out Of Order (1988), Unplugged & Seated (1993), If We Fall In Love Tonight (1996) e Human (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturgo inglés. Das súas obras destacan as novelas This Sporting Life (1960) e Saville (Premio Booker, 1976), as obras teatrais Home (1971) e The Restoration of Arnold Middleton (1967) e Poems 1951-1991 (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e filósofo alemán. Foi obrigado a abandonar a docencia da teoloxía coa aparición de Das Leben Jesu kritisch bearbaitet (A vida de Xesús, estudada criticamente, 1835), onde expuña a interpretación da esquerda hegeliana sobre a orixe do cristianismo, entendido como invención humana e encarnación do espírito da humanidade na figura de Xesús.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Discípulo de Rimskij--Korsakov, a súa ampla produción pódese dividir en catro grandes períodos. O período ruso comprende obras tan diferentes como L’oiseau de feu (1910), baixo a influencia do grupo ruso dos Cinco, Petruska (1911) e a revolucionaria Sacre du pritemps (1913). A época experimental inclúe L’histoire du soldat (1918) e As vodas (1923). A partir de 1920 comezou o período neoclásico, etapa que finalizou con The Rake’s Progress (1951), ópera moi influída polo bel canto italiano. A derradeira etapa, a serial, está integada por Septeto (1953), Canticum Sacrum (1956), o ballet Agon (1957), a cantata Abraham and Isaac (1964) e o Requiem (1966). Escribiu Poétique musicale (1940) e, en colaboración con R. Craft, Conversations with Strawinsky (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1964) e traballou con Antonio Alex Reylén ata 1974. Foi un dos fundadores do COAG, do que foi decano-presidente (1981-1983) e en 1983 incorporouse á Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e foi nomeado arquitecto do patrimonio, artístico, arqueolóxico e histórico da provincia de Ourense. Foi deputado do PSdG-PSOE por Ourense no Parlamento galego (1985-1989). Das súas obras destacan o convento das Carmelitas Descalzas de Ourense (1967), o colexio do Cumial de Ourense (1969), o edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense (1972), o grupo de vivendas da Uceira no Carballiño (1980), a intervención en Santo Estevo de Ribas de Sil (1980), a rehabilitación da casa Junquera, sede de Caixanova en Ourense (1987), o Centro de Saúde da Pobra de Trives (1991), a rehabilitación da casa Simeón, sede do Centro Cultural de Ourense (1996) e o Centro Cultural de Fontiñas (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico estomatólogo. Recibiu o Premio da Sociedad Española de Estomatología e da Real Academia Nacional de Medicina. É autor de numerosos artigos e traballos en ortodoncia. Académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirurgía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e político. Licenciado en Dereito, desempeñou diversos cargos na administración autonómica e central. Foi delegado do ministerio de Obras Públicas en Pontevedra. Secretario da Fundación Galicia-Empresa, foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985) e por Coalición Popular (1985-1989), foi conselleiro de Sanidade (1983-1986), Ordenación do Territorio (1986) e Educación (1987-1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de suave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que suaviza.

      1. Produto que se utiliza para conservar a suavidade da roupa.

      2. Produto que se emprega para esponxar os cabelos e evita que se enleen eliminando a electricidade estática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está situado debaixo da clavícula.

    2. Grande arteria da rexión subclavicular. A arteria subclavia dereita orixínase no tronco braquiocefálico, e a arteria subclavia esquerda na aorta.

    3. Pequeno músculo fusiforme, oculto baixo a cara inferior da clavícula, que se insire nesta e na primeira cartilaxe costal.

    4. ea que está formada pola continuación da axilar e que vai desde a clavícula ata a articulación esternoclavicular.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Exceso do haber sobre o débito ou dos ingresos sobre os gastos.

      2. superávit da balanza de pagamentos

        Situación contable segundo a que nas diversas subbalanzas en que se divide a balanza de pagamentos os ingresos son superiores aos gastos.

      3. superávit orzamentario

        Situación en que os ingresos orzamentarios correntes son superiores aos gastos correntes.

    1. Abundancia e exceso daquilo que se considera necesario. OBS: Emprégase sen variación de número.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei da Gran Moravia (870-894). Foi recoñecido polos bohemios, o que comportou a implantación do cristianismo en Bohemia. Durante o seu reinado, Moravia chegou ao seu poder máximo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Naturalizado estadounidense co nome de David Seymour (1945), estudou fotografía en Leipzig (1929-1931) e logo trasladouse a París, onde adoptou o alcume de Chim. Alí publicou traballos en revistas ilustradas (Paris-Soir, Regards) e coñeceu a Bresson e Capa. As súas instantáneas da Guerra Civil Española apareceron en Life e Paris Match. Serviu como fotógrafo no exército de EE UU (1942-1945) e documentou para a UNESCO o efecto das guerras, sobre todo nos nenos. Fundador da Axencia Magnum (1947) xunto con Bresson, Capa e Rodger, foi o seu presidente (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e lingüista. Foi profesor de linguas románicas en Holanda (1927-1928), Hungría (1929-1935) e máis tarde en Padua. Das súas obras destacan Grammatica della lingua rumena (1923), Osservazioni sulla diffusione delle parole marinaresche italiane nelle lingue balcaniche (1942), Le origini delle lingue neolatine (1948) e Introduzione alla glotttologia (1949). Tamén escribiu artigos sobre a lingua albanesa e estudos sobre gramáticas comparadas, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tareixa de Xesús.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre xermánico. Duque de Baviera (748-788), fillo e sucesor do duque Odilón I. Casado con Liuberga, filla do rei longobardo Desiderio, en 764 tentou liberar da vasalaxe aos reis francos e retirouse do exército de Pipino I o Breve dirixido contra os aquitanos. En 788 Carlomagno apresouno e a Dieta de Ingelheim condenouno a morte por traidor, pero foi indultado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maoz de Israel (170 km2; 1.138.700 h [estim 1998]). A súa capital é Tel-Aviv-Yafō.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do maoz de Tel-Aviv, Israel (348.100 h [1998]). Situada na desembocadura do Yarkon, na costa mediterránea, é a cidade máis grande de Israel. Fundada en 1909 como vila independente da vila árabe de Yafō (Jaffa), englobouna en 1948. Nela concéntrase a metade da industria de Israel.

    VER O DETALLE DO TERMO