Szymin, David
Szymin, David
Fotógrafo. Naturalizado estadounidense co nome de David Seymour (1945), estudou fotografía en Leipzig (1929-1931) e logo trasladouse a París, onde adoptou o alcume de Chim. Alí publicou traballos en revistas ilustradas (Paris-Soir, Regards) e coñeceu a Bresson e Capa. As súas instantáneas da Guerra Civil Española apareceron en Life e Paris Match. Serviu como fotógrafo no exército de EE UU (1942-1945) e documentou para a UNESCO o efecto das guerras, sobre todo nos nenos. Fundador da Axencia Magnum (1947) xunto con Bresson, Capa e Rodger, foi o seu presidente (1954).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Varsovia -
Deceso
Lugar : Suez