"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acordo asinado entre os Reis Católicos e Cristovo Colón en Santa Fe (Granada), o 17 de abril de 1492, para a conquista das Indias. Nelas concedíanselle a Colón os títulos de almirante, vicerrei e gobernador xeral das terras descubertas, con carácter vitalicio e hereditario, e a décima parte das riquezas obtidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método agrícola para a fecundación e desenvolvemento dos figos das variedades cultivadas de figueira que carecen de flores masculinas fértiles. Consiste na colocación nas pólas de figos silvestres, portadores de pequenos himenópteros do xénero Blastophaga, que transmiten o pole aos figos domésticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de capsular unha botella.

    2. Acción de colocar os medicamentos en cápsulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de captar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia fidalga do Reino de Nápoles e unha das máis importantes de Italia. A liñaxe documentada desta familia comezou con Landulfo Caracciolo (1110). Giovanni Caracciolo formou parte da familia Carafa. Os Caracciolo d’Avellino (1589) derivan dunha rama da familia Caracciolo, os Caracciolo Rosso, duques de Atripalda (1572), grandes de España, príncipes do Sacro Imperio e grandes chanceleres herdeiros do Reino de Nápoles, e dos Caracciolo di Torchiarolo (1726), tesoureiros xerais herdeiros do Reino de Nápoles, marqueses de Montenegro, grandes de España e príncipes de Ripa Francone (1742).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da orde dos cregos regulares menores fundada en 1588 por Francesco e Fabrizio Caracciolo e Giovanni Agostino Adorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi embaixador de Nápoles en Turín (1754-1764), Londres (1764-1771) e París (1771-1781), onde estivo en contacto cos enciclopedistas. En 1781 converteuse en vicerrei de Sicilia e no ano 1786, en primeiro ministro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como il Battistello, as súas primeiras obras seguen o estilo de Caravaggio no tratamento da luz e da sombra e na interpretación realista dos temas, como acontece en A liberación de san Pedro (1610?). Cara ao 1620 achegouse a un clasicismo motivado pola influencia da escola boloñesa dos Carracci; entre estas obras destaca O adeus de Cristo á súa Nai (1620?).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de caracterizar ou de caracterizarse.

    2. Técnica empregada para informar o receptor sobre aspectos distintivos vinculados cos personaxes ou coas situacións dunha determinada obra literaria. Facilita os medios para imaxinar o universo literario evocado, ao tempo que se refliten as motivacións e as accións dos personaxes. Os procedementos de caracterización evolucionaron co paso do tempo. No teatro clásico e na narrativa anterior ao século XVII, a caracterización estaba fortemente estereotipada, xa que presupuña o coñecemento da psicoloxía de certos tipos, asumida pola tradición e a convención. Non obstante , no século XIX, co realismo e co naturalismo comezáronse a describir minuciosamente as condicións de vida dos personaxes, establecendo un paralelismo entre os seus trazos específicos e o medio no que evolucionaban. Así mesmo, o século XX marcou o desenvolvemento de novas técnicas de caracterización vinculadas ao mundo interior dos protagonistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mecanismo de pirólise que, por medio de temperaturas de máis de 100°, fai reaccionar fundamentalmente os azucres, que se deshidratan e se fragmentan molecularmente. Este cambio dá lugar a compostos aromáticos característicos e a pigmentos escuros. Este proceso actúa na panificación de certos produtos, en derivados lácteos sometidos a altas temperaturas e na obtención de caramelos comerciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de carbonatar.

    2. Operación que consiste en saturar de dióxido de carbono a auga ou os líquidos destinados á elaboración de bebidas carbónicas. Prepárase nuns aparellos denominados carbonatadores. A cantidade de gas disolta no líquido, a temperatura constante, é proporcional á presión parcial do gas que está en contacto co líquido. Por outro lado, ao diminuír a temperatura aumenta a solubilidade do gas. Por mor disto, faise a saturación con líquido arrefriado a unha temperatura constante próxima aos 0°C.

    3. Parte da operación de purificación na fabricación de azucre (de cana ou de remolacha). O zume procedente da difusión, con hidróxido cálcico engadido, trátase con dióxido de carbono gasoso; este feito causa a precipitación dos sales cálcicos solubles en forma de carbonato, que, ao se precipitaren, engloba impurezas en estado coloidal e, así mesmo, desdobra o sacarato cálcico en sacarosa e carbonato cálcico.

    4. Formación de carbonatos no solo pola acción do ácido carbónico sobre silicatos alcalinos, óxidos metálicos, etc. É un tipo de meteorización particularmente activo en climas húmidos e cálidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cementación dos metais ferrosos con carbono e nitróxeno. Este tratamento prodúcese nunha atmosfera de monóxido de carbono, amoníaco e hidrocarburos (polo xeral, propano e butano) a alta temperatura (700-875°C). Os aceiros carbonitrurados, de gran dureza, utilízanse para engrenaxes, parafusos sen fin, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de carbonizar ou de carbonizarse.

    2. Operación pola que se trata a madeira con lume para que a capa carbonizada a protexa contra a humidade e os insectos.

      1. Operación destinada a reducir a materia orgánica a carbón ou ben a aumentar o contido de carbono dun material parcialmente carbonizado. Realízase por destilación seca, por combustión completa ou, nalgúns casos, polo ataque de reactivos químicos deshidratantes.

      2. carbonización da madeira

        Proceso de descomposición térmica da madeira polo que se reduce a carbón vexetal, por medio do quentamento da mesma sen contacto co aire. A pouco máis de 100°C empezan a producirse descomposicións, que van cambiando de natureza coa temperatura ata que, arredor dos 270°C, as reaccións exotérmicas predominan e permiten chegar á carbonización completa, sen a necesidade dun abastecemento posterior de enerxía. O procedemento máis antigo para carbonizar a madeira é o da carboeira. Non obstante, hai outros métodos como os dos fornos de carbonización continua e a destilación seca da madeira, nos que se aproveitan tamén os gases que se desprenden do proceso.

      3. carbonización da hulla

        coquización.

    3. Operación á que se someten os tecidos de la para a eliminación das impurezas vexetais que poden ter entre as súas fibras. Consiste en somerxer os tecidos nun baño ácido (de ácido sulfúrico ou clorhídrico) que transforma a celulosa dos residuos vexetais en hidrocelulosa. Esta hidrocelulosa convértese en carbón e despois elimínase por batedura. Por último, o tecido sométese a un baño neutralizador de solución de carbonato sódico.

    4. Proceso de transformación da materia orgánica vexetal en carbón de pedra. A acumulación de restos vexetais efectúase en concas continentais e mariñas. A carbonización prodúcese despois desta fase de sedimentación e caracterízase esencialmente por un enriquecemento en carbono e unha perda de osíxeno. Pódense distinguir dúas etapas: primeira, un estadio de carbonización bioquímica, e segunda, unha de carbonización xeoquímica. Na primeira etapa, un conxunto de reaccións anaeróbicas en augas quietas e en presenza dunha flora bacteriana abundante produce desprendemento de dióxido de carbono nos tecidos vexetais e chega a formar turbeiras. Na segunda etapa, continúa a transformación a través de procesos químicos e metamórficos como a compactación e a litificación, a perda de auga e de compoñentes volátiles, etc. As turbeiras transfórmanse, así, en lignitos, carbóns e antracitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Introdución dun ou máis grupos carboxilo nunha molécula orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de carburar que ten lugar ou ben no carburador ou ben por inxección do carburante directamente ao cilindro ou antes da válvula de aspiración.

    2. Acción de enriquecer con carbono un metal; así se o ferro se somete á acción do carbono obtense aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pertencente ou relativo aos cardeais ou ao cardealado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pesadez que se sente na cabeza ou nos ollos, normalmente a causa da gripe ou doutra doenza.

    2. Constipado ou arrefriado de nariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político hondureño. Estudiou dereito na Universidade Central e, logo de exercer a avogacía, ingresou na Academia Militar de Tegucigalpa. Participou na guerra contra Nicaragua en 1907 e ao ano seguinte foi elixido xefe militar da zona norte do país. Participou na fundación do Partido Nacional en 1923 e desempeñou o cargo de presidente da República (1932-1949), dende o que exerceu unha ditadura co apoio do exército. Sufocou revoltas liberais (1936-1937) e en 1941 declarou a guerra ao Eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cor da carne, especialmente da humana.

    2. Cor que imita a da pel viva nas figuras humanas das representacións pitóricas ou nas tallas policromadas.

    3. Esmalte neutro ou cor natural, non heráldica, co que se representan nos escudos as partes denudas do corpo humano.

    VER O DETALLE DO TERMO