"Cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Paco Rabal, protagonizou numerosos filmes, dos que destacan Hay un camino a la derecha (1953), Nazarín (1958), Viridiana (1961), Belle de jour (1966), Truhanes (1983), Los santos inocentes (1984, Premio de interpretación do Festival de Cannes), Juncal (1989), El hombre que perdió su sombra (1991), Goya en Burdeos (1999, Goya á mellor interpretación masculina) e Lázaro de Tormes (2000). Recibiu a Medalla de Oro de Bellas Artes (1992) e a Medalla de Oro de la Academia de Cine (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Modisto. Coñecido como Paco Rabanne, consagrouse na década de 1960 con creacións feitas de metal, totalmente estruturais, combinadas con tecidos. Posteriormente ampliou os seus deseños ao campo da xoiaría de fantasía, perfumaría, zapatos e complementos, que difundiu por medio do prêt--à-porter. Abandonou a alta costura en 1999. Recibiu a Medalla al Mérito en las Bellas Artes (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que propugna a desigualdade das razas humanas e en virtude da cal se xustifica que certas razas ou culturas sexan sometidas a explotación económica, segregación racial ou mesmo destrución física. É unha forma activa de etnocentrismo. Algúns autores británicos, como R. Kipling, defenderon o destino das nacións de Occidente como potencias civilizadoras, nunha concepción eurocéntrica e colonial do mundo. En Francia, Henri de Boulainvilliers foi o iniciador da formulación teórica do racismo, ao intentar demostrar que a nobreza procedía da raza dominante dos francos. Máis tarde, J. A. Gobineau defendeu que a raza branca era superior a todas e que dentro dela, a súa rama máis pura era a aria; estas teses influíron no nacionalsocialismo alemán. O racismo implicou nalgúns estados africanos a completa eliminación física de tribos inimigas da tribo gobernante e na República Sudafricana o apartheid (1948-1991). En EE UU xurdiu no s XIX nos estados sudistas, nos que a monocultura...
-
-
Relativo ou pertencente ao racismo.
-
Partidario ou seguidor do racismo.
-
-
GALICIA
Realizador e guionista cinematográfico. Despois de realizar estudos de física electrónica na Universidade de Santiago de Compostela, trasladouse á Coruña para formarse na escola de Imaxe e Son. A súa andaina profesional ten como punto de partida o centro territorial de Televisión Española en Galicia, onde traballou como operador de cámara. O seu primeiro éxito veulle en 1996 coa curtametraxe Coruña imposible, coa que obtivo varios premios en certames nacionais e internacionais. Paralelamente á estrea desta obra, gañou unha praza como profesor, labor que compaxina coa súa actividade como director e guionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso xesuíta. Confesor de Fernando VI (1747) e membro do Consello da Inquisición por intercesión de José de Carvajal, favoreceu a súa orde relixiosa e mantivo unha actitude regalista moderada, apoiando o Concordato de 1753. Caeu en desgraza ao apoiar os insurrectos de Paraguay.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño e enxeñeiro. Profesor na Escuela de Submarinos, acadou o grao de capitán de fragata en 1935. Ao estoupar a Guerra Civil foi xefe de Estado Maior da frota e segundo xefe de Estado Maior do cuartel xeral de Franco. Ascendeu a contraalmirante en 1943 e foi ministro de Mariña (1945-1951) e, posteriormente, comandante xeral da frota. Recibiu a Cruz de Carlos III e a Cruz del Mérito Naval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e realizador cinematográfico. Dentro da corrente do “novo cine español” dirixiu El buen amor (1963) e Me enveneno de azules (1969). Outros filmes destacados foron Padre nuestro (1985), Diario de invierno (1988) e Madregilda (1993, Concha de Plata en Donostia e Premio Goya ao mellor actor). Escribiu La muchacha de los cabellos de lino (1962, Premio Sésamo).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de rescindir.
-
Procedemento xurídico que invalida un contrato, válido e obrigatorio nunha situación normal, pero que en certos casos, previstos pola lei, ocasiona prexuízos a algún dos contratantes.
-
-
-
Relativo ou pertencente á rescisión.
-
Que serve para rescindir.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia á retórica ou exceso dela.
-
GALICIA
Guerrilleiro. Coñecido como Moncho, despois da Guerra Civil Española permaneceu encarcerado por un delito de traizón ao pasar as filas republicanas. Ingresou no Partido Comunista (PC) en 1941. Dirixiu a IV Agrupación (1947-1951) e o PC, ao desmantelar as guerrillas, decidiu envialo a Francia, onde despregou unha intensa actividade partidaria, foi delegado do V Congreso do PCE que se realizou en Praga (1952) e, en 1964, trasladouse a La Habana. O seu compromiso coa revolución cubana levouno a participar nos Comités de Defensa da Revolución.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en neurocirurxía e neuroloxía. Catedrático de Neurocirurxía (1981) e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela (1992) e director do Instituto Universitario de Ciencias Neurolóxicas Pedro Barrié de la Maza (1982), foi pioneiro da neurocirurxía en Galicia. Foi xefe e fundador do servizo de neurocirurxía do Hospital Clínico Universitario (1955) e o primeiro director da Escola Universitaria de Enfermaría (1978). Publicou numerosos artigos e estudos, entre os que destaca Estudio de las indicaciones en neurocirugía de la vía trans-esfenoidal (1972), e dirixiu o Dicionario Galego de Termos Médicos (2002). Académico correspondente da Real Academia Nacional de Medicina de España, desde 1992 preside a Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia. Membro de honra da Sociedad Gallega de Neurocirugía e da Sociedade Galega de Neuroloxía, recibiu, entre outros galardóns,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Ribadavia. Está situado na beira esquerda do Avia. Fundado baixo a advocación de santo Antonio, foi noviciado e colexio de artes. As obras do templo iniciáronse en 1605 e non remataron ata 1639, cando se acabou o claustro, do que se cubriron os arcos un tempo despois. Tras a exclaustración pasou a mans de particulares ata que en 1915 unha parte da construción volveu aos franciscanos. A igrexa ten tres naves, todas elas abovedadas. No seu interior conserva un altar churrigueresco, ademais parte do cadeirado do coro oxival do s XVI que pode proceder da catedral de Ourense. No exterior destaca a torre barroca cun pequeno balcón.
-
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. De orixe galega, ingresou na orde no convento da Peña de Francia e foi colexial por Lugo no colexio de San Gregorio de Valladolid, onde foi lector de Artes e Filosofía. Foi mestre de teoloxía en Piedrahita, Trianos, Toro e Ávila. Presentado en Teoloxía en 1615 e mestre en 1623 foi prior dos conventos de Peña de Francia, Oviedo, Ocaña, Toro e Atocha e reitor de San Gregorio de Valladolid (1631)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sismólogo estadounidense. Xunto con B. Gutenberg, elaborou en 1935 a escala de Richter para medir a magnitude dos terremotos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito e investigador literario. Foi profesor da Universitat Autònoma de Barcelona, patrón do Instituto Cervantes e secretario xeral do Centro para a Edición de Clásicos Españoles. Especialista en Petrarca, no humanismo e na literatura medieval e renacentista, publicou La novela picaresca y el punto de vista (1970), El pequeño mundo del hombre (1970), Alfonso el Sabio y la “General Estoria” (1972), Vida u obra de Petrarca (1974), Nebrija frente a los bárbaros (1978) e Primera Cuarentena (1983). Editou numerosos textos e dirixiu Historia y Crítica de la literatura española (1980-1992) en nove volumes. Publicou tamén Texto y contextos. Estudios sobre la poesía española del siglo XV (1990), El sueño del humanismo (de Petrarca a Erasmo) (1993), Mil años de poesía española (1996), con outros autores, e Poesía de España (1996). Recibiu o Premio Menéndez y Pelayo por unha edición crítica do Quijote...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. De tendencia liberal, foi membro da Deputación Provincial (1854-1862), deputado nas Cortes polo distrito de Pontevedra durante tres lexislaturas (1858-1866), senador pola provincia homónima en dúas ocasións (1872 e 1876-1877) e senador vitalicio desde 1877. Destacou polo seu talento industrial e, en 1869, fixo a presentación política de Uxío Montero Ríos en Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xeógrafo e investigador. Doutor en Xeografía pola Universidad de Madrid, foi catedrático de Xeografía na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela e director do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia Galega de Ciencias, ao Consello da Cultura Galega e ao Instituto Galaico-Minhoto. Coordinador do proxecto Galicia Xeografía de Hércules de Ediciones, das súas obras destacan Bibliografía económica de Galicia (1960), Aplicaciones prácticas de geografía general para profesores de EGB (1980), Didáctica da Xeografía (1981), Cartografía Xurisdicional de Galicia no século XVIII (1990), Os ríos galegos. Morfoloxía e réxime (1992), Estudios de xeografía de Galicia (1995) e Galicia, esa descoñecida (1999). Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla Castelao (1996) e o Premio das Artes e das Letras de Galicia (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Protexido do conde-duque de Olivares, é a figura máis destacada da escola poética sevillana contemporánea de Góngora. Destacan as silvas e os sonetos morais en que canta os temas barrocos da melancolía e o desengano.
VER O DETALLE DO TERMO