"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo público do Estado español, dependente do Ministerio de Agricultura, creado en 1971 en substitución do Patrimonio Forestal do Estado, do Servicio Nacional de Pesca Fluvial e Caza, e dos Distritos Forestais. Desapareceu en 1995 por Real Decreto. As súas funcións, e máis as do IRYDA (Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario), son asumidas polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais, que realiza a xestión dos montes, terreos e bens patrimoniais de propiedade estatal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado entre consoantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
INTELSAT
-
-
Que non ten cortado o pelo ou a barba.
-
Aplícase ao exemplar que ten os pregos sen cortar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Vigo por Bieito Ledo Cabido en 1985. Ao longo da súa traxectoria exerceu a función de xerente Xelasio Suárez Santiso e desempeñaron o cargo de director literario Modesto Hermida (1985-1990), Antón Mascato (1991-1998) e Xosé A. Perozo (1998-2003). Comezou a súa andaina publicando dicionarios normativos en galego, para logo converterse nunha editorial con máis de catrocentos títulos repartidos en varias coleccións: Narrativa, onde se inclúen algúns títulos de autores galegos como Álvaro Cunqueiro, Francisco Fernández del Riego, Alfredo Conde, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Xosé A. Perozo, Marilar Aleixandre e Tucho Calvo, ademais de traducións de autores estranxeiros, como Roald Dahl, Robert Musil ou Joseph Conrad; O Parrulo, dirixida aos primeiros lectores; Nabarquela e Elefante Contacontos, para o mundo infantil e xuvenil; Clásicos Universais, dirixida por Anxos Vázquez Rodríguez, en que se editan traducións de autores como Edgar A. Poe, Rudyard Kipling, F. Scott...
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico inglés. Destaca a súa actuación nos filmes The French Liutenant Woman (1980), Un amour de Swann (1983), The Mission (1986), Kafka (1991), Damage (1992), Die Hard With a Vengeance (1995), Chinese Box (1997), Lolita (1997), The Time Machine (2002) e Callas Forever (2002). Foi galardoado cun Oscar pola súa interpretación en Reversal of Fortune (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de irresponsable.
-
Feito ou dito irresponsable.
-
Impunidade da que gozan os xefes de Estado pola que non son responsables dos seus actos políticos.
-
-
-
Que ou quen non ten responsabilidade legal ou moral.
-
-
Que ou quen ten falta de responsabilidade.
-
Propio da persoa irresponsable.
-
-
-
-
DINASTIAS
Dinastía lituano-polaca que reinou en Lituania e Polonia (1386-1572), Hungría (1440-1444 e 1490-1526) e Bohemia (1471-1526). Foi inaugurada polo gran príncipe lituano Jogaila que, ao facerse cristián, tomou o nome de Ladislau II e accedeu, polo seu matrimonio coa Raíña Eduvixe, ao trono de Polonia. Os seus dominios estendéronse practicamente do Mar Báltico ao Mar Negro, e durante o reinado do seu fillo Ladislau III, elixido rei de Hungría, chegaron ata o Mar Adriático. A dinastía extinguiuse coa morte de Sexismundo II Augusto en 1572.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e lóxico inglés. Estableceu a teoría da utilidade marxinal do valor, que establece que a utilidade é o principal determinante do valor dos bens. Escribiu Theory of Political Economy (1871) e Principles of science (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Presidenta da Fundación Penzol. Realizou a carreira de Maxisterio e en 1948 casou con Fermín Penzol. Compartiu a paixón pola cultura co seu home e, tralo seu pasamento (1981), foi nomeada presidenta da Fundación Penzol. Baixo a súa presidencia a fundación cambiou de sede e impulsou a informatización do proceso técnico dos fondos. En 2002 recibiu a Medalla Castelao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director de escena. Foi autor dun texto titulado Oratorio, que foi escenificado polo Teatro Lebrijano, con dirección de Juan Bernabé e polo Teatro de Cámara Ditea de Compostela, con dirección de Agustín Magán. A súa obra está moi asentada na tradición cultural popular de Andalucía, e destacan títulos como La murga, El inmortal, Conversaiones con un niño, Oración de la tierra ou Amores y quebrantos de Mariquita la revolera. Como autor de comedias musicais destacan os títulos La copla e El baúl de la Piquer.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política fundada o 4 de outubro de 1931 pola unión de La Conquista Española, creada por R. Ledesma en xaneiro de 1931, e das Juntas Castellanas de Actuación Hispánica, creadas por Onésimo Redondo en xuño do mesmo ano. En 1934 uníronse á Falange Española.
-
PERSOEIRO
Autor dramático. Coñecido como Ben Jonson, escribiu numerosas comedias e dúas traxedias, Sejanus (1603) e Catilina (1611), en que sobre unha estrutura simple destaca o estudo de caracteres e a intención satírica. Entre as súas comedias destacan Every Man out of his Humour (1598), The Poetaster (1602), Volpone or the Fox (1605) e The Alchimist (1610).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos.
-
PERSOEIRO
Profesor. Foi inspector de ensino primario en Ourense e profesor na Escola Normal de Mestres de Pontevedra desde 1890, centro no que tamén ocupou o cargo de secretario (1911-1929). É autor de Elementos de agricultura. Nociones teórico-prácticas (1894) e dunha guía lexislativa de instrución primaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político grego. Foi primeiro ministro entre 1955-1963 e, tras un período de exilio en París, regresou a Grecia en 1974 ocupando novamente o cargo de primeiro ministro (1974-1980) e o de presidente da República (1980-1985; 1990-1995). Preocupouse pola restauración do sistema democrático e pola integración de Grecia no panorama europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Tivo unha actuación destacada na defensa e modernización do ensino das mulleres. Escribiu Volves (1906) e Clixés (1906), e as pezas teatrais Els ídols (1911) e Caritat (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta grego. Escribiu unha obra poética de extensión limitada e única na súa totalidade, na que revelaba o seu sentimento tráxico ante a vida, coa excepción da evocación dos amores prohibidos e da vontade que ofrecen. Inspirados nunha lectura e nunha reflexión constante da historia, os seus poemas nunca foron recollidos en libro. En 1935, en edición póstuma, publicáronse uns 154, dentro do corpus que o autor destinou á súa publicación. Posteriormente, editáronse en 1963 algúns artigos en prosa e, en 1968, uns 75 poemas novos que o autor desaconsellara difundir.
VER O DETALLE DO TERMO