Jagellons

Jagellons

Dinastía lituano-polaca que reinou en Lituania e Polonia (1386-1572), Hungría (1440-1444 e 1490-1526) e Bohemia (1471-1526). Foi inaugurada polo gran príncipe lituano Jogaila que, ao facerse cristián, tomou o nome de Ladislau II e accedeu, polo seu matrimonio coa Raíña Eduvixe, ao trono de Polonia. Os seus dominios estendéronse practicamente do Mar Báltico ao Mar Negro, e durante o reinado do seu fillo Ladislau III, elixido rei de Hungría, chegaron ata o Mar Adriático. A dinastía extinguiuse coa morte de Sexismundo II Augusto en 1572.