"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

    1. Distribuír un produto a través dos circuítos comerciais.

    2. Converter algo ou a alguén en obxecto de comercio, normalmente rebaixando a súa calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen, dunha maneira profesional, se dedica á actividade comercial. Para o código de comercio español son comerciantes os que, con capacidade legal para exercer o comercio, se dedican habitualmente a el, e anuncian publicamente o establecemento no que realizan esta actividade. Tamén son comerciantes as compañías mercantís ou individuais que se constitúen con arreglo ao código de comercio. A constitución como comerciante determínase en función dos fins da sociedade. Non poden exercer o comercio, ademais dos incapacitados, os sentenciados apenas de interdición civil, os que están na bancarrota, os eclesiásticos, os maxistrados, os xuíces e os funcionarios do ministerio fiscal, os xefes gobernativos económicos ou militares, os empregados de recadación e administración de fondos estatais e os axentes de cambio e bolsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizar operacións comerciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de actividades de compra, venda ou intercambio de produtos naturais ou industriais co obxectivo de conectar a produción co consumo ou co investimento. Pódese clasificar en dous grandes bloques; o primeiro é o interior, limitado aos intercambios dentro dunha economía nacional; o segundo é o exterior, resultado das relacións comerciais entre os residentes nun país e o resto do mundo. Os axentes que participan neste proceso son as empresas, responsables de colocar no mercado os seus produtos, e os consumidores. Entre ou dous aparecen os comerciantes, que permiten a fluidez dos intercambios. No relativo ao comercio exterior, as relacións establécense entre fabricantes, asentados no país exportador, e aqueles profesionais encargados da súa comercialización no país importador. < BR> Historia do comercio
        O comercio xurdiu coa Revolución Neolítica, que supuxo o abandono da economía exclusivamente predadora e a súa substitución pola economía produtiva....

      2. comercio exterior

        Conxunto dos intercambios comerciais que establece un territorio soberano co resto do mundo. Distínguese entre comercio de importación, que se refire á compra de produtos estranxeiros por parte dun estado, e comercio de exportación, relativo á venda de produtos nacionais ao estranxeiro. Os mercantilistas viron no comercio exterior a fonte de toda riqueza e, no comercio interior, un cambio na riqueza relativa dos individuos.

      3. comercio polo miúdo

        Comercio relativo a volumes pequenos de produtos de uso inmediato no que o comprador é o consumidor final.

      4. comercio por xunto

        Comercio a grande escala. Normalmente, os compradores son comerciantes polo miúdo, restauradores, comunidades relixiosas, centros escolares ou entidades similares.

    1. Conxunto de comerciantes e actividades comerciais dunha poboación ou un país.

    2. Establecemento dedicado á actividade comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario que se publicou por primeira vez en xaneiro de 1894 na cidade de Vigo. Francisco Carraque, o seu fundador e director, só editou 20 números deste periódico na súa imprenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico que saíu por primeira vez na Coruña no ano 1875 e que deixou de editarse arrededor do 1882. R. Faginas Armaz imprimiu este semanario de tendencia liberal e demócrata que fundara Juan Cuenca e que dirixiron J. Castro Arias e J. Mª Montes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico que comezou a publicarse en Vilagarcía de Arousa no ano 1879, aínda que no 1881 principiou outra nova andaina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico que se publicou na Coruña a partir de 1924. Era un defensor dos intereses tanto da industria coma do comercio de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu na Coruña no ano 1924 co subtítulo de “Revista de los intereses económicos de La Coruña, con suplementos de información”. A Secretaría de La Cámara de Comercio de La Coruña fíxose cargo da redacción e da administración, coa cooperación da Asociación Patronal e da Asociación de Navieros e Consignatarios. En 1943, esta publicación comezou unha nova etapa na que se deu a coñecer como Orientación Económica e Financiera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante, presentador de televisión e actor. Realizou estudos de Enxeñería Técnica Agrícola. Foi presentador da TVG nos programas Verán, Verán (1988), A tumba aberta (1988) e Con perdón (1996-1997). Participou tamén como actor nas series Don Rock (1987) e La batalla salvaje (1989) e foi comentarista deportivo na COPE (2000). En 1982 tivo lugar a presentación do grupo musical Semen Up, agrupación que liderou ata 1990 e coa que gravou os títulos: Lo estás haciendo muy bien (1985), La agonía del narciso (1986), Vuelve el hombre (1987), El gusto es mío (1988) e Madurez (1989). Dende 1991 ata 1998 formou parte do dúo Amistades Peligrosas e sacou ao mercado Relatos de una intriga (1991), La última tentación (1993), La profecía (1995) e Nueva era (1997)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ente de dereito público, creado en 1988, que ten como funcións xerais velar pola protección dos investidores, pola transparencia dos mercados de valores e pola correcta formación dos prezos dos mesmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título que tivo, desde 1941 ata a súa morte, Xoán de Borbón e Battenberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, matemático, filósofo e pedagogo francés, marqués de Condorcet. Xunto co seu mestre D’Alambert e con Voltaire, relacionouse con Turgot, quen lle facilitou o cargo de inspector xeral da moeda (1774-1776). Como economista, foi partidario do imposto progresivo. A súa hipótese sobre as decisións colectivas, coñecida como efecto Condorcet, e sobre a súa inconsistencia, aplicada ás votacións, recolleuna a moderna politicoloxía. En 1791 foi nomeado deputado pola asemblea lexislativa de París e asumiu a súa presidencia en 1792. Ese mesmo ano presentou o informe sobre Organisation générale de l’instrution publique (Organización xeral da instrución pública), que se converteu en horizonte da política educativa republicana e que acadou unha considerable resonancia en España, tanto no momento da aprobación da Constitución de 1812 como nas medidas subseguintes ditadas en 1813. Propugnou o control da natalidade, a elevación cultural da muller e a coeducación. Defendía que a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor maligno do tecido cartilaxinoso que se presenta con máis frecuencia nos ósos da pelve, preto dos extremos dos ósos longos, nas escápulas e nas costelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional creado polas Nacións Unidas en 1964, que se ocupa das cuestións relacionadas co comercio internacional e das relacións económicas entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos. Reúnese normalmente cada catro anos, desde a primeira, celebrada en Xenebra en 1964, ata a décima, en Bangkok en febreiro do 2000. A UNCTAD edita numerosas publicacións como Bulletin e Trade and Development Report.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Laxe de pouco grosor.

    2. Furna feita na terra ou nas rochas do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre as parroquias de Caxide e As Paradellas (concello de Parada do Sil). O seu cumio acada os 1.177 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en 1928 no castelo de La Sarraz en Vaud (Suíza), onde tivo lugar o primeiro dos dez congresos celebrados. A declaración fundacional analizou a modernidade e o progreso e, sobre todo, a racionalización e estandarización do proceso creador arquitectónico, coa afirmación de que a súa historia correspondía á da arquitectura racionalista. O segundo congreso celebrado en Frankfurt do Main en 1929, tivo como tema central o habitáculo mínimo. Nesta reunión establecéronse os tres niveis de funcionamento da entidade: a asemblea xeral ou congreso, o Comité Internacional para a Resolución dos Problemas da Arquitectura Contemporánea (CIRPAC) e os grupos de traballo para proxectos específicos. O terceiro congreso reuniuse en 1930 en Bruxelas, e o cuarto, que debía celebrarse en Moscova en 1932, tivo lugar no barco Patris por razóns políticas, onde se redactou e aprobou a carta de Atenas. Nesa reunión estableceuse que o feito urbano se asentaba en catro funcións: habitabilidade, traballo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e estadista. Entrou na curia romana en 1783. Como secretario do conclave de Venecia (1799) favoreceu a elección de Pío VII, que o nomeou cardeal e secretario de Estado en 1800. Concluíu o Concordato de 1801 con Francia pero, pola súa inimizade con Napoleón, dimitiu dos seus cargos en 1806 e foi confinado en París (1809) e Reims (1810-1813). Rehabilitado en 1814, representou a Santa Sé no Congreso de Viena (1814-1815) e, á morte de Pío VII en 1823, abandonou os seus cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución de goberno e administración da comarca do Bierzo establecida na Lei 1/1991, do 14 de marzo, aprobada polas Cortes de Castela e León (BOCYL do 20 de marzo de 1991), que recoñece no Bierzo a concorrencia dunhas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais, culturais e económicas que o singularizan respecto a calquera outro territorio da comunidade autónoma. De acordo con esta Lei, O Bierzo é unha entidade local formada pola agrupación dos municipios de Arganza, Balboa, Barjas, Bembibre, Benuza, Berlanga, Borrenes, Cabañas Raras, Cacabelos, Camponaraya, Candín, Carracedelo, Carucedo, Castropodame, Congosto, Corullón, Cubillos, Fabero, Folgoso, Igüeña, Molinaseca, Noceda, Oencia, Páramo, Peranzanes, Ponferrada, Priaranza, Puente de Domingo Flórez, Sancedo, Sobrado, Toreno, Torre del Bierzo, Trabadelo, Vega de Espinareda, Vega de Valcarce, Villadecanes e Villafranca del Bierzo. Componse de tres órganos: o Pleno (integrado por 47 membros representantes dos 37 municipios, en función...

    VER O DETALLE DO TERMO