"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
PERSOEIRO
Nobre e político. Herdou do seu pai o título de conde de Lansdowne e entrou a formar parte da Cámara dos Lores (1762). Foi membro do goberno tory de Greenville (1763) e do whig de Rockingham (1782), a quen sucedeu como primeiro ministro.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Bengala Occidental, India, ao O do río Mahāmanda (226.677 h [1991]). É un centro comercial debido ao tráfico entre Darjeeling e Sikkim. Desde a partición entre India e Paquistán (1947) e a creación de Bangladesh (1971), converteuse en centro de refuxiados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Terceiro dos seis sistemas ou períodos en que se divide a era primaria ou Paleozoico. Está situado sobre o Ordovícico e baixo o Devónico e vai desde os 438 millóns de anos ata os 408.
-
-
Relativo ou pertencente aos silúridos.
-
Peixe da familia dos silúridos.
-
Familia de peixes, da orde dos siluriformes, de corpo deprimido dorsiventralmente, cabeza ensanchada, barbas moi desenvolvidas, pel frecuentemente núa, ollos pequenos, sen aletas dorsais ou cunha soa pequena, e a anal grande e as pectorais co primeiro raio espiñoso desenvolvido. Son peixes depredadores e propios das augas doces de Asia e Europa.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos siluriformes.
-
Peixe da orde dos siluriformes.
-
Orde de peixes teleósteos, da clase dos osteíctios, co primeiro raio da aleta dorsal e das pectorais como unha espiña moi dura, ás veces dentada, que está relacionada con glándulas velenosas. Moitas veces presentan tamén unha segunda aleta dorsal adiposa. Teñen a pel núa ou con placas óseas, pero sen escamas, ata 5 pares de barbas e unha cola homocerca. Son depredadores, pero tamén comen detritos heteroxéneos e substancias vexetais, e habitan case exclusivamente nas augas doces continentais. Habitan practicamente en toda a zona tropical, sobre todo en augas interiores de América Central e meridional, Asia e África, así como en Europa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda etapa e idade do Lías (Xurásico Inferior), situada sobre o Hettanxiano e baixo o Pliensbaquiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (822 km2; 232.698 h [2000]). A súa capital é
-
-
Relativo ou pertencente a Singapur ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Singapur.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao seo venoso e á aurícula do corazón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei promulgada polo congreso estadounidense en 1935, proposta por Frankling D. Roosvelt, onde por primeira vez aparece o concepto de seguridade social. Tiña como fin a implantación en EE UU da lexislación sobre seguros de desocupación e organizar un sistema de seguros para a vellez de determinados traballadores, como os cegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
SEAT.
-
PERSOEIRO
Novelista escocés. De nome Muriel Sarah Camberg, publicou numerosos ensaios críticos, como The Essence of the Brontës (1993), e novelas de carácter satírico, entre as que destacan The Prime of Miss Jean Brodie (1961), The Abess of Crewe (1975), Aiding and Abetting (2001) ou The Finishing School (2004). Escribiu, ademais, a autobiografía Curriculum vitae (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. O seu estilo cinematográfico caracterízase por unha gran beleza plástica e un acusado dramatismo. Ao redor de 1925 foi a EE UU con Greta Garbo, pero non encaixou no ambiente de Hollywood. Da súa filmografía destacan Sangen om den eldröda blomman (Nos remuíños, 1918), Erotikon (1920), Gösta Berlings Saga (A lenda de Gösta Berling, 1923) e Hotel Imperial (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de redución das dimensións e o peso dos compoñentes que forman os circuítos electrónicos.
-
-
sulfúreo.
-
Oxiácido do xofre, o máis importante dos ácidos minerais. É un ácido moi forte e corrosivo, presenta carácter oxidante e é un poderoso deshidratante grazas á estabilidade termodinámica dos seus hidratos. É un composto moi polar, fortemente asociado por pontes de hidróxeno, que se atopa autoionizado 2H 2 SO 4 ⇋ H 3 SO + 4 + HSO - 4 e presenta condutividade eléctrica. O ácido sulfúrico obtense industrialmente mediante a oxidación do dióxido de xofre (SO 2 ), producido xeralmente por combustión do xofre ou por torrefacción da pirita, e a posterior hidratación do trióxido de xofre así formado. A oxidación do dióxido de xofre ten lugar por medio de dous procedementos: o método das cámaras de chumbo e o método de contacto. No método das cámaras de chumbo, a oxidación catalízase por óxidos de nitróxeno e transcorre con formación intermedia de ácido nitrosulfúrico (HOSO 2 ONO),...
-
trióxido de xofre.
-
-
-
sulfonilo.
-
Dicloruro do ácido sulfúrico que ten aplicación como axente clorante e como disolvente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (5.358 km2; 854.516 h [2000]). A súa capital é Suphan Buri (28.290 h [1993]).
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (6.022 h [2001]). Ten cultivos de cereais e o sector industrial e mineiro ten moita importancia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos carnívoros, da familia dos vivérridos, co corpo pequeno e de cor castaña. Son animais de costumes diúrnas, que forman colonias en chairas secas e areosas ou en zonas rochosas. A única especie deste xénero é S. suricatta.
-
CIDADES
Cidade da illa de Mindanao, Filipinas, situada na punta setentrional da costa da illa (100.000 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO