siluriforme
siluriforme
(< lat científico Silurus)
-
adx
Relativo ou pertencente aos siluriformes.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da orde dos siluriformes.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Orde de peixes teleósteos, da clase dos osteíctios, co primeiro raio da aleta dorsal e das pectorais como unha espiña moi dura, ás veces dentada, que está relacionada con glándulas velenosas. Moitas veces presentan tamén unha segunda aleta dorsal adiposa. Teñen a pel núa ou con placas óseas, pero sen escamas, ata 5 pares de barbas e unha cola homocerca. Son depredadores, pero tamén comen detritos heteroxéneos e substancias vexetais, e habitan case exclusivamente nas augas doces continentais. Habitan practicamente en toda a zona tropical, sobre todo en augas interiores de América Central e meridional, Asia e África, así como en Europa.