silueta

silueta

(

  1. s f

    Forma que presenta á vista a masa dun obxecto afastado, destacándoa máis ou menos no fondo sobre o que está proxectada.

  2. s f

    Debuxo a riscos que representa o contorno dunha persoa ou cousa.

  3. s f

    Liña que delimita un corpo ou unha figura.

  4. s f [ARTE]

    Retrato de perfil cortado con tesoiras nun papel negro e aplicado sobre un fondo claro, inventado no s XVIII en Francia. A expresión orixinal (à la silhouette) facía referencia a uns vestidos sen pregas nin petos e a unhas caricaturas con poucos trazos coas que se ridiculizaba a parsimonia do funcionario de finanzas francés Étienne de Silhouette (1709-1767).

Palabras veciñas

siloxística | Sils | Silsilense | silueta | Silúrico | silúrido -da | siluriforme