"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

    1. Cargo ou oficio de vicecónsul.

    2. Oficina do vicecónsul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santo Estevo que dá nome ao concello do Vicedo, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Mariña Occidental situado no N da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Lugo (43° 44’ N - 7° 40’ O). Limita ao N co Mar Cantábrico, ao L co concello de Viveiro (comarca da Mariña Occidental), ao S co de Ourol (A Mariña Occidental) e ao O con Mañón (Ortegal). Abrangue unha superficie de 76 km 2 cunha poboación de 2.086 h (2007) distribuída nas parroquias de Cabanas, Mosende, Río Barba, San Miguel de Negradas, San Román de Vale, Suegos e O Vicedo. A capital é O Vicedo, na parroquia homónima. Dista 167 km de Santiago de Compostela e 105 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Viveiro.
    Xeografía física
    Os seus trazos físicos veñen marcados pola combinación de dúas formas de relevo. Unha esténdese por toda a parte interior, e está composta por aliñacións montañosas de cumes suaves e pouca altitude (400-500 m) e a outra abarca o litoral, formado por unha pequena plataforma costeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto pesqueiro situado na ría do Barqueiro. Conta cun pequeno espigón cunha liña de atraque duns 35 m e calado de 2 m, con rampla de varanda, talleres e iluminación. Protexe dos ventos do primeiro cuadrante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dura vinte anos.

    2. Que ten lugar cada vinte anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Catedrático de historia moderna nas universidades de Zaragoza (1947) e Barcelona (1948), foi un dos fundadores da editorial Vicens Vives   que propoñía mellorar os libros de texto. En 1950 entrou en contacto coas novas correntes da historiografía europea e recibiu unha forte influencia da escola dos Annales, que el defendeu con afirmacións programáticas onde proclamaba a importancia dos feitos económicos e, moi especialmente, a fe na eficacia do método estatístico. Das súas obras destacan Aproximación a la historia de España (1952), El segle XV. Els Trastàmares (1956), e as colectivas Estudios de Historia Moderna (1951-1959), Índice Histórico Español (iniciado en 1953) e Historia social y económica de España y América (1957-1959), ademais de Manual de historia económica de España (1959), coa colaboración de Jordi Nadal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. A súa escultura foi decorativa, plácida, repousada, arquitectónica, en moitos casos con singular misticismo. A súa tendencia foi clásica sen deixar de ser moderna, chegando ata a estilización da forma.   Destaca a viacrucis de Santa Tegra, na Guarda, que lle foi encargada pola Sociedade Pro-monte de Santa Tecla (1924-1940) e que o nomeou socio de mérito a título póstumo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e profesor.   Doutorouse en Teoloxía en Santiago   e foi redactor e colaborador do semanario   La Voz del Tecla. Das súas obras destaca La lengua latina y la necesidad de su estudo (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Presbítero no mosteiro de Lerins e adversario de santo Agostiño, foi famoso pola súa doutrina sobre a tradición, expresada na obra Commonitorium (434). A súa festividade celébrase o 24 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Cara a 1615 decidiu abandonar todos os cargos para dedicarse a servir a Deus a través dos pobres. Coa axuda da condesa de Gondi formou un equipo de sacerdotes para o apostolado rural, a Congregación da Misión (1625), e os seus membros foron chamados paulinos ou lazaristas, xa que en 1632 estableceron o priorado de san Lázaro. Coa cooperación   e baixo a autoridade de santa Luísa de Marillac de París, fundou as confrarías de damas da caridade e a comunidade dos Fillos da Caridade (1633). Consérvanse cartas e unhas Instrucións. Foi canonizado en 1737 e declarado patrón de todas as institucións da caridade (1885). Iconograficamente representouse semicalvo e con barba case branca, vestido con sotana e manteo, co colo branco dobrado. A súa festividade celébrase o 27 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, predicador e escritor. Relixioso dominicano, en 1389 foi nomeado predicador xeral da orde. Defendeu a sé papal aviñonense fronte a Roma, chegando a ser confesor do antipapa Benedito XIII. Foi conselleiro do Rei Xoán I de Aragón e, en 1412, designárono compromisario polo Reino de València para dilucidar a sucesión de Martiño o Humano á Coroa de Aragón na vila de Caspe. A súa influencia foi notable para que se escollese a Fernando de Antequera, da dinastía Trastámara. Desde o ano 1400 dedicouse á predicación por diferentes territorios europeos. Das obras que deixou escritas destaca De moderno Ecclesiae schismate (1380), en defensa do antipapa Clemente VII. Coñeceuse tamén un tratado sobre o Cisma de Occidente (Roma, 1901), Contemplació moi devota qui comprèn tota la vida de Jesucrist, salvador nostre, ab les propietats de la misa (1518) e outro en latín, Tratactus de vita spirituali. Foi canonizado en 1455 polo Papa Calisto III. Iconograficamente representouse con túnica branca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, en Río de La Plata, forma parte da aglomeración de Bos Aires (274.082 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución cultural creada en 1996 co obxectivo de difundir a obra do escritor ourensán. En 2003 inaugurouse a nova sede na casa familiar de Risco en Allariz. Concede anualmente o Premio Vicente Risco de Antropoloxía e Ciencias Sociais e o Premio Vicente Risco de Literatura Fantástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cociñeira. Coñecida como Toñi Vicente. En 1992 creou o seu propio restaurante en Santiago de Compostela, especializado en peixes e mariscos. Foi galardoada coa Copa de Ouro da CPI (1983), obtivo o primeiro posto no campionato europeo de gastronomía CEE (1990) e recibiu a Medalla de Prata de Galicia (1997) e o Premio Nacional de Gastronomía (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro naval e político. Catedrático de Construción Naval na Escola Politécnica Superior de Ferrol, especializouse en propulsión naval nuclear. Foi conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio (1982-1984) e deputado no Parlamento galego por AP (1981-1985; 1985-1989) e por Coalición Popular (1985-1989). Membro da Real Academia Galega de Ciencias, recibiu a Cruz do Mérito Naval e a Medalla de Bronce de Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático portugués. Fundador do teatro portugués, inspirouse na tradición popular, nos mimos e nos ciclos teatrais da Paixón e Nadal (Autos de Reis), e creou tipos e personaxes con trazos da vida cotiá. Das súas 44 obras, 11 delas escribiunas en castelán, 15 en portugués e 18 en ambas as dúas linguas. No Auto da barca do inferno (1516), Auto da barca do purgatorio (1518) e Auto da barca da gloria (1519), inspiradas na Divina Commedia de Dante, sintetizou elementos medievais e renacentistas. Algunhas farsas, como Inês Pereira, O Velho da Horta e Auto da Índia presentan unha auténtica intriga. Os autos pastorais, como Auto pastoril português e Auto pastoril da Serra da Estrela, son máis propios da tradición popular. Na súa obra tamén escenifica episodios de novelas cabaleirescas, como en Comédia Rubena, Don Duardos e Amadís. Outras obras, como a Comédia do Viúvo e a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel González Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi diácono do bispo san Valerio en Zaragoza e os romanos prendéronnos cando predicaban. Torturárono ata que expirou na prisión e botaron o cadáver ao mar, cunha moa de muíño atada ao pescozo. Coa axuda dun corvo, os cristiáns localizárono e trasladárono ao Algarve e posteriormente a Lisboa. Iconograficamente representouse como un mozo imberbe vestido con dalmática sobre alba (diácono) e manípulo no antebrazo esquerdo. Leva a palma do martirio e o libro dos Evanxeos. Como atributos persoais porta a moa dun muíño e unha cruz en aspa, e, nalgunhas ocasións, un corvo aos seus pés. A súa festividade celébrase o 22 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín vincentem, participio presente do verbo vincere ‘vencer’, ‘o vencedor, o vitorioso’; a variante Vicenzo procede dun derivado, Vincentium. Foi un nome moi usado entre os cristiáns polo seu valor augural (que vence o demo, as tentacións do mundo, etc). Presenta as variantes Vicenzo e Vicencio.

    VER O DETALLE DO TERMO