Vicente/Vicenta

Vicente/Vicenta
[ONOM]

Antropónimo que procede do latín vincentem, participio presente do verbo vincere ‘vencer’, ‘o vencedor, o vitorioso’; a variante Vicenzo procede dun derivado, Vincentium. Foi un nome moi usado entre os cristiáns polo seu valor augural (que vence o demo, as tentacións do mundo, etc). Presenta as variantes Vicenzo e Vicencio.