Vicenza
Vicenza
Capital da provincia homónima, no Véneto, Italia (106.069 h [2001]). Situada na confluencia dos ríos Retrone e Bacchiglione, ao pé dos montes Berici, é un núcleo industrial. De orixe prerromana, foi a cidade romana de Vicentia e condado lombardo e francés. A partir de 1404 foi anexionada á república de Venecia. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral, o Palazzo Comunale e Villa Capra, máis coñecida por La Rotonda.