"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Partido político que xurdiu en Angola o 10 de decembro de 1956. De natureza pro-comunista, enfrontouse ao colonialismo portugués e loitou pola independencia de Angola en colaboración con outras organizacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político neofascista italiano, creado en 1947, que se baseou nos postulados da República Social Italiana. Entre 1948 e 1993 tivo representación parlamentaria, pero foi excluído das alianzas do goberno ata o afundimento do sistema de partidos políticos italianos da posguerra. Integrado en 1994 na coalición Polo delle Libertà, cambiou o nome polo de Alleanza Nazionale e conseguiu algún ministerio no goberno xurdido nas eleccións de marzo. En 1995 o partido renunciou explicitamente ao antisemitismo e aos elementos máis antidemocráticos do fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político xurdido en 1966 dunha escisión obreirista de ETA (ETA berri), que en 1969 se transformou en Movimiento Comunista Vasco (Komunistak), e en 1972 converteuse no Movimiento Comunista de España (MCE). Adscrito ao marxismo-leninismo, propugnou a loita revolucionaria para acadar unha república popular e democrática, que recoñecese o dereito de autodeterminación das nacionalidades e reivindicase a independencia de Euskadi. Minoritaria dentro de CC OO, ten unha destacada presenza nas loitas sectoriais, das que destaca a defensa do feminismo, o pacifismo, os barrios, os homosexuais ou o ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movimiento Comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política chilena creada en 1963 co propósito de impoñer o socialismo mediante a loita armada. Recoñecida por Salvador Allende, opúxose, non obstante, á súa política legalista. Perseguida pola ditadura militar (1973-1989), legalizouse co restablecemento da democracia (1989) e renunciou á loita armada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada no interior do Partido Comunista de España en Madrid na década de 1970. Constituíuse como unha rede de apoio a presos políticos que evolucionou cara a presupostos feministas. Foi creado por un grupo de mulleres comunistas, co desexo de abrilo a mulleres de distintas ideoloxías para sensibilizalas en temas sociais e políticos, e máis concretamente en temas de discriminación social ou legal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das organizacións da CNT, FAI e da Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL), que se popularizou durante a Guerra Civil Española (1936-1939) cando estas celebraron repetidamente reunións conxuntas. Un primeiro consello do MLE constituíuse entre febreiro e marzo do 1939 en Perpignan e foi desorganizado por mor da ocupación alemá de Francia (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de forzas políticas que participaron no levantamento do 18 de xullo de 1936, integradas posteriormente como un partido único do Estado español na Falange Española e artellado dentro dunha ideoloxía unitaria, tipificable na Ley de Principios Fundamentales del Movimiento Nacional do 17 de maio de 1958. Dentro da súa organización estaba a Jefatura Nacional, que correspondía ao xefe do estado ou ao presidente do goberno, o Consejo Nacional del Movimiento, a Secretaría General (con rango de ministerio desde 1939) e os consellos nacionais e os locais. De feito, o Movimiento constituíu a ideoloxía do estado totalitario e o ámbito político dentro do que se prevía a evolución do réxime, pero despois da morte de Franco resultou ser o elemento máis inmobilista. Foi abolido o 1 de abril de 1977, no contexto da reforma política de España levada a cabo polo goberno de Adolfo Suárez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político boliviano fundado en 1941 por Víctor Paz Estenssoro. De ideoloxía de centro dereita, en 1971 uniuse, entre outros, á Falange Socialista Boliviana no Frente Popular Nacionalista (FPN). Deu lugar ao nacemento de numerosos partidos como resultado das escisións e pugnas dos seus líderes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización nacionalista canaria que xurdiu en 1963 co propósito de loitar para acadar unha República Guanche Africana, independente e socialista. Entre 1975 e 1977 desenvolveu a súa máxima actividade armada, propagandística e diplomática tentando demostrar, no seo da Organización da Unidade Africana, a africanidade de Canarias e forzar a descolonización. Desde 1978, a mellora das relacións entre Madrid e Alxer e as disensións internas desmantelaron o movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo revolucionario de ideoloxía marxista-leninista fundado en Perú o 1 de marzo de 1982. Naceu como resultado da unión do Partido Socialista Revolucionario Marxista Leninista (PSR ML) e do Movimiento de Izquierda Revolucionaria El Militante (MIR EM), -aos que se uniu, en 1986, o Movimiento de Izquierda Revolucionaria Voz Rebelde (MIR VR)- e tomou o seu nome en memoria do rebelde peruano José Gabriel Condorcanqui Noguera (Túpac Amaru). Contrario aos elementos imperialistas, denunciou a política económica gobernamental e motivou ao pobo á loita para rematar coa súa opresión. Organizouse en tres eixes: político, militar e a fronte de masas, e a súa acción levouse a cabo nas fases de acumulación de forzas, de propaganda armada e na propiamente guerrilleira. Para iso creou o Ejército Popular Tupacamarista, -que se complementou coas Fuerzas Especiales- baixo o modelo convencional da guerrilla latinoamericana e cuxos ataques consistiron en bombardeos, asasinatos, roubos a bancos e secuestros....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e mestre de obras. Freire beneditino, traballou en San Martiño Pinario e en 1647 ensinoulle o oficio de entallador a Pedro Bóo. Foi visitador e abade da congregación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor austríaco. Os seus dotes musicais prodixiosos foron axiña observados polo seu pai, que decidiu educalo e, á vez, exhibilo, xuntamente coa irmá maior Maria Anna Nannerl, como fonte de ingresos. En 1763 emprendeu unha viaxe grazas á que coñeceu a orquestra e o estilo de Mannheim, a música francesa en París e o estilo galante de J. Ch. Bach en Londres. En Milán coñeceu a G. B. Sammartini, e en Boloña a G. B. Martini. Destes anos datan os primeiros cuartetos para corda, as sinfonías K 183, 199 e 200 (1773), o concerto para fagot K 191 (1774), as óperas La finta giardiniera (1775) e Il re pastore (1775), diversos concertos para piano, a serie de concertos para violín e as primeiras sonatas para piano (1774-1775). En París, onde marchou con súa nai en 1777, estreou a sinfonía K 297 e un ballet. Nos anos seguintes compuxo as sinfonías K 318 e 319 e a ópera Idomeneo, re di Creta (Múnic, 1781), influída por Gluck, que foi a primeira das súas grandes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Moimenta (Lalín). O seu cumio acada os 587 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Muíño (Zas). Datada no s XVI, presenta planta rectangular, aínda que tivo engadidos posteriores. Destaca o acceso mediante unha porta con arco oxival á que se accede mediante unha escaleira. Na capela anexa conserva un escudo coas armas dos Pazo, Figueroa e Moscoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se editou en Santiago de Compostela a partir de maio de 1937. Promovida pola Unión Diocesana e co patrocinio das mulleres de Acción Católica de Santiago de Compostela, saíu cada mes e incluíu artigos de opinión sobre a muller, a familia e a moral católica, a liturxia e unha relación das actividades da diocese.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é fillo dunha persoa branca e outra negra.

    2. Que ou quen ten unha cor de pel escura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Relacionouse co grupo Die Brücke (1910-1912), sobre todo con E. L. Kirchner. Creou unha obra pictórica inspirada na pintura exipcia, con formas angulosas e cunha temática dedicada ao mundo do xitano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se orixina por diversos factores.

    2. Transmisión hereditaria dunha característica ou unha doenza determinada pola combinación de factores xenéticos e ambientais.

    VER O DETALLE DO TERMO