"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Freire mercedario. Entre 1810 e 1815 editou, xunto a frei Nicolao de Castro, Exacto Correo de España en La Coruña; entre 1811 e 1817, El Postillón del Exacto Correo de España en La Coruña, e entre 1813 e 1814 foi o impresor do Diario de La Coruña a la Aurora. As súas tendencias absolutistas, manifestadas sempre a través destas publicacións, compensounas Fernando VII ao nomealo cóengo da catedral de Ávila.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao Chad, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante do Chad.
-
Familia de linguas (ó redor dunhas 50) faladas ao N de Nixeria e Camerún e ao S de Chad. As linguas máis importantes desta familia, de O a L, son o hausa, o angas, o ron, o bola, o tangale, o margi, o musgu, o mubi, etc. Caracterízase, sobre todo, polo uso dos pronomes febles diante do verbo que, en parte, son idénticos aos prefixos e aos sufixos persoais das linguas afroasiáticas. Outras trazos lingüísticos que o emparentan con esta lingua son a desinencia feminina a, o uso do pronome feminino ta, o emprego da partícula de anexión n, etc. Por iso, algúns lingüistas, como J. Lukas, cren que se trata dunha banda que se desborda cara ao S. Tamén se denomina chádico ou chado-camítico.
-
-
-
Superficie plana que resulta de cortar unha esquina por un plano paralelo á aresta da mesma.
-
Fachada dun edificio que fai esquina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da República Democrática Popular de Corea (16.000 km2; 1.156.000 h [estim 1987]). A capital é Kanggye (223.410 h [1993]).
-
PERSOEIRO
Médico brasileiro. Autor de estudios básicos sobre enfermidades tropicais, descubriu en 1919 o Trypanosoma cruzi, axente causante da tripanosomiase americana ou enfermidade de Chagas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, militar e político. Foi ministro da Mariña e Ultramar, deputado e presidente da Junta do Crédito Público. Escribiu, entre outras obras, Poema da mocidade (1865), Tristezas à beira mar (1866), A mantilha de Beatriz (1878) e unha História de Portugal (1869-1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Militar. Emigrado a Arxentina, ingresou no exército e participou como capitán das milicias de Río Negro na guerra con Portugal (1801) e na liberación de Bos Aires, ocupada polos ingleses en 1806. En 1814, como comandante militar da praza de Paysandú (Uruguay), axudou os exércitos españois que estaban asediados en Montevideo polos independentistas. Unha vez finalizado o proceso independentista, trasladouse a España.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da serra de San Mamede que serve de límite entre as parroquias de Rebordechau (concello de Vilar de Barrio), Gabín (concello de Montederramo) e Castro de Laza (concello de Laza). Situado no eixe axial da serra, o seu cumio acada os 1.507 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Místico e reformador hindú. Fundou unha seita vai ṣ hnava moi popular en Bengala e Orissa, e propagou unha devoción extremadamente emotiva a Kri ṣ hna.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que se dedica á compra e venda de mercadorías, especialmente de gando.
-
Persoa que fala e actúa de forma groseira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación de pequeno tamaño, de proa aguzada e popa rectangular ou de espello cuberta. Xeralmente con remos, de dous ou de catro, aínda que tamén pode levar motor e destínase normalmente á carga. Debido ao seu fondo plano, preparado para augas tranquilas, emprégase, sobre todo, en labores auxiliares (amarre, fondeo, atraco, etc), nos portos e en tarefas de pesca, esencialmente na captura ao cerco real e en actividades de marisqueo de pequeno ou medio fondo, como a liña, a nasa e o rastro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comerciar coa habilidade e as mañas que caracterizan os chaláns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de chalanear.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de El Salvador (2.017 km2; 177.320 h [estim 1992), drenado polo río Lempa. A súa economía baséase na agricultura, principalmente nos cereais, a cana de azucre e o café. Teñen tamén importancia os xacementos de cobre e chumbo. A capital é Chalatenango (27.600 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Discípulo de Boullée, en 1758 gañou o Prix de Rome e permaneceu na capital italiana ata 1763. Construíu a igrexa de Saint-Philippe-du-Roule en París (1774-1784), de planta basilical e prototipo da igrexa neoclásica. Realizou tamén o Collège de France en París (1780) e reconstruíu o Odeon (1807). En 1806 proxectou o Arc de l’Étoile da capital francesa que non se rematou ata 1835. En 1770 foi nomeado académico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Motivo decorativo, feito en pedra ou madeira, que se coloca ao redor dunha porta, dunha ventá, dunha cheminea, etc.
-
-
Que ten chamas.
-
Que despide un brillo ou unha luz intensa.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Arteixo. Construída en estilo románico no s XII, ten planta de nave única con cuberta de madeira e ábsida rectangular. No exterior consérvanse elementos propios da decoración románica como os canzorros labrados. Na fachada principal destaca a portada con arquivoltas apuntadas decoradas con dentes de serra e o tímpano cunha cruz con bordos decorados cunha liña en zigzag.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Savoia, no departamento da Haute-Savoie, Francia, nos Alpes (10.000 h [estim 2000]). Ocupa o eixo da cordilleira dos Alpes, onde se acadan as máximas altitudes, que corresponden ao Mont Blanc (4.807 m). O aproveitamento turístico da montaña é o principal recurso económico. O maior núcleo de poboación do concello, Chamonix, é unha estación de montaña situada a máis de 1.200 m de altitude. Na segunda metade do s XIX principiou o seu desenvolvemento, coa difusión do montañismo, que atraeu os primeiros turistas ao cumio máis elevado do continente europeo. A práctica do esquí introduciuse en 1896. En 1902 celebráronse as primeiras competicións desta modalidade deportiva. O emprazamento fronteirizo con Suíza e Italia, xunto coas súas potencialidades naturais, favoreceu que se convertera nun dos principais centros invernais do mundo, de xeito que foi elixida para acoller a celebración dos primeiros Xogos Olímpicos de Inverno (1924). Daquela disputáronse probas de seis disciplinas...
VER O DETALLE DO TERMO