"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • Técnica analítica que consiste no estudo da evolución do peso dunha mostra dunha substancia determinada coa temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e xeógrafo británico. Viaxou pola provincia de Alberta e en 1785 chegou ata o lago Athabasca. Máis tarde ampliou as súas exploracións ás rexións das Montañas Rochosas e ao val do Columbia. Foi membro da comisión internacional de fronteiras entre EE UU e Canadá (1816-1822).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e pensador estadounidense. Relacionado coas teorías do trascendentalismo, adoptou unha postura marcada pola soidade e a actitude de retorno á natureza, unha experiencia que narrou en Walden, or Life in the Woods (1854). As súas obras de carácter social foron Slavery in Massachusetts (1854) e John Brown (1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (79-81), fillo de Vespasiano. Foi tribuno militar en Xermania e Britania, en 69 obtivo o título de césar, co seu irmán Domiciano, e en 71 o poder proconsular e o poder tribunicio. Tomou parte na guerra contra Xudea, converténdose no seu correxente (71) e ocupou Xerusalén (70). Herdou de seu pai o cargo de prefecto do pretorio e en 80 tomou o consulado co seu irmán. Durante o seu goberno tivo lugar a erupción do Vesubio (79).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. É autor de El castillo de la carta cifrada (1979), El cazador de leones (1987), El mayordomo miope (1989) e El Gallitigre (1990), de estilo próximo a Kafka e ao teatro do absurdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (A Coruña 1947) Ceramista e escultor. Trasladouse a Londres onde fundou o Grupo de Trabajo Gallego con T. Barro e estudou cerámica no Goldsmiths College University of London (1974-1977). Ampliou estudos en Gloucester e en EE UU, e ao regresar en 1979 traballou en Sargadelos ata 1980. En 1989 participou na creación do European Ceramics Work Centre en Holanda do que foi director (1992-1999). En 1999 trasladouse a Chicago como profesor de escultura na The School of the Art Institute of Chicago. Realizou esculturas cerámicas monumentais, de carácter conceptual que se converteron en ensamblaxes ao tempo que iniciou a realización de cabezas, soas ou en grupo, temática constante na súa traxectoria, da que destaca a serie Exquisitos nómades, iniciada en 1983. Mostrando xuntos diversos obxectos, entre os que se atopan as cabezas, realizou en 1988 a serie Descriptions without a place. Posteriormente traballou a porcelana a grande escala e fixo paisaxes, figuras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera en tres actos de G. Verdi, con texto de F. M. Piave e baseada en La dame aux camélias, de A. Dumas fillo. Estreouse en Venecia en 1853.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. En 1995 converteuse no líder do Ulster Unionist Party (UUP). En 1988 recibiu, xunto con John Hume, o Premio Nobel da Paz polos seus esforzos para atopar unha solución pacífica ao conflito de Irlanda do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político. Catedrático de Historia Contemporánea, foi membro da Federación Popular Democrática (1974-1977) e do Partido Demócrata Cristiano, -integrado na UCD-, polo que foi elixido concelleiro de Madrid (1979). Director xeral de Patrimonio Artístico, Archivos y Museos, dirixiu as negociacións para o traslado do Guernica a España. Colaborou en diversos medios de comunicación e publicou La España del s XX (1975), Hijos de la sangre (1986), Radiografía de un golpe de Estado (1987), Fotobiografía de Juan Carlos I (2000), El aznarato: el gobierno del Partido Popular 1996-2003 (2004) e Ditadura franquista y democracia, 1939-2004 (2005). Recibiu o Premio Nacional de Ensayo (1977), o Premio Menéndez Pelayo de Historia (1977) e o Premio Internacional de Ensayo Jovellanos (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao ultravioleta.

      2. Rexión do espectro electromagnético que comprende o intervalo que vai desde a luz visible ata a rexión dos raios X. Acordouse en situar a rexión do ultravioleta entre as lonxitudes de onda de 3.850 a 100 Å. Os raios ultravioleta empréganse en procesos de esterilización.

      3. raio ultravioleta

        Radiación electromagnética que pertence ao espectro ultravioleta.

    1. Técnica espectroscópica de absorción que se basea na interacción da radiación electromagnética do ultravioleta ou do visible con ións, moléculas ou radicais, que orixina transicións entre diferentes estados electrónicos destas especies, mediante a promoción de electróns cara a orbitais moleculares desocupados. A intensidade de absorción mídese mediante o coeficiente de extinción molar (ε), que se pode coñecer a partir de datos de absorción, concentración e lonxitude da cubeta empregada, aplicando a lei de Beer-Lambert. A espectroscopia de ultravioleta e visible ten aplicación no estudo da estrutura molecular. Outras aplicacións son o estudo de constantes de disociación de ácidos e bases, de ións complexos e de complexos de transferencias de carga, e de cinéticas de reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axente patóxeno filtrable capaz de pasar polos ultrafiltros que reteñen as bacterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre, retórico e gramático. Usurpador do Imperio Romano (392-394), á morte de Valentiniano II foi proclamado emperador a instancias do xeneral franco Arbogasto. Foi derrotado polo Emperador Teodosio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborador en diversas publicacións periódicas, como Diario de Pontevedra, Galicia Recreativa e El Ideal Gallego, escribiu a novela María, o libro de poemas Flores de espino (1900), o estudo La redención de foros (1907), e os dramas Luchar con el corazón (1884), El gran proyecto (1888), Pontevedra en el siglo XX (1891), Siluetas (1893), Palique (1901), Una noche en el infierno (1906) e Soledad (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Oriente (361-378). Asociado ao Imperio polo seu irmán Valentiniano I, achegouse ao arianismo e buscou a unidade da Igrexa con métodos violentos que orixinaron a rebelión popular dos visigodos (365). Conclusa a paz con Atanarico (369), tivo que combater os persas. Perdida Armenia (378), os godos, os alanos e os hunos invadiron Tracia. Morreu na Batalla de Adrianópolis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi vigairo xeral de Madrid (1899) e xuíz auditor do Tribunal da Rota. Escribiu Emigración. Sus causas, efectos y remedios (1901), El autor de la Salve San Pedro de Mezonzo (1907) e Disolución del matrimonio rato (1921). Foi correspondente da Real Academia de la Historia e vicepresidente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Traballou para Vogue, nas súas edicións francesa, inglesa e italiana (1982-1985) e para destacados deseñadores. Abriu un estudo en Madrid (1976) e cinco anos máis tarde dedicouse á investigación e á mestura das artes, influído polo cubismo e o racionalismo. Publicou Splendeurs et miseres du corps (1988), Spanish Eyes (1990) e Las semillas del futuro (2001). Recibiu o Premio Nacional de Fotografía (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e especializouse en acuarela. Das súas obras, de corte figurativo destacan as representacións de anciás (Abuela) e nus (La Bella Durmiente), así como as paisaxes mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Mon Vasco, formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña ata 1972. Nas súas primeiras obras traballou a madeira e realizou cabezudos de gran tamaño. Posteriormente realizou baixorrelevos caracterizados pola presenza da luz. En 1973 recibiu unha bolsa da Fundación Juan March coa que se trasladou a Senegal. Cultivou entón unha figuración formalista e unha abstracción volumétrica e traballou con diversos tamaños. De regreso a Galicia participou no colectivo A Carón e viviu durante un tempo en Ibiza. Instalado na Coruña continuou a traballar a madeira e realizou esculturas formadas por diversos bloques ensamblados. En 1977 foi un dos fundadores do grupo Galga. Comezou entón a traballar coa pedra tradicional, o ferro e o formigón. As súas obras caracterizáronse entón polo tenso diálogo entre o baleiro e a masa, o plano e a curva. Foi un dos integrantes do colectivo Atlántica. Da súa obra destacan Caprino (1973-1974), Adán (1976-1977), Eva...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e xenetista ruso. Estudou a variabilidade xenética, especialmente a das plantas cultivadas, e achegou argumentos para establecer a lei das series homólogas. Os seus traballos sobre a orixe xeográfica, a selección natural e a aclimatación das plantas cultivadas tiveron unha gran relevancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Fixo investigacións importantes na óptica, especialmente sobre os fenómenos luminescentes, fisioloxía óptica e tamén en fontes de luz fría mediante radiacións ultravioletas. Recibiu dúas veces a orde de Lenin da Academia de Ciencias da URSS e o premio Stalin (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO