"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
PERSOEIRO
Realizador, actor e produtor cinematográfico estadounidense. Comezou no teatro en 1955, e unha vez instalado en Hollywood, cultivou o cine de temática social con filmes como They Shoot Horses, don’t they? (1969) e Jeremiah Johnson (1972). Posteriormente, produciu e dirixiu algúns filmes máis comerciais como Tootsie (1982), Out of Africa (1986, Oscar á mellor realización), Havana (1990), The Firm (1993), Sabrina (1995) e Random Hearts (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que se coñecen Antonio Benci (Florencia 1432?-Roma 1498) e Piero Benci (Florencia 1443-Roma 1496), pintores, escultores e gravadores italianos. Formados no taller de Lorenzo Ghiberti, colaboraron xuntos a partir de 1460. Antonio recibiu a influencia de Andrea del Castagno e de Donatello e, nun estilo caracterizado polo dinamismo e o dramatismo de personaxes, pintou Apollo e Dafne (1470?) e esculpiu os sepulcros de Sisto IV e de Inocencio VIII (1493) en San Pedro do Vaticano. Piero, que sobresaíu como retratista, é autor dunha Coronazione di Maria (1485).
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Coñecido como Il Cronaca, realizou en Florencia o Salone dei Cinquecento (1495-1497) do Palazzo Vecchio, a igrexa de San Salvatore (1500?) e o Palazzo Guadagni (1506). Colaborou con G. de Sangallo na sancristía da igrexa do Santo Spirito (1498?) e con B. da Maiano no Palazzo Strozzi (1489-1507).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Mallorca, Illes Balears, situado no extremo N da illa (13.808 h [2001]). O turismo é unha das actividades en expansión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de crustáceos cirrípedes ao que pertence o percebe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
piollo.
-
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Instalouse en Nova York, onde realizou a súa obra. Influído pola pintura de Benton partiu do rexionalismo, pero desde 1936 desenvolveu a figuración, inspirada na obra dos muralistas mexicanos, de Picasso (The Moon-Woman, 1942) e dos surrealistas europeos (Blue, 1943). En 1939 descubriu as formas de expresión aborixes e desde a década de 1940 cultivou o expresionismo abstracto, con teas de gran formato, dominadas pola cor e a inmediatez da execución (automatismo expresivo), de gran tensión e dramatismo (Number 8, 1949). Foi o membro máis importante da action paiting e produciu obras coa técnica do dripping. Traballou directamente sobre a tea sen tratar e estendida no chan, sen unha composición predeterminada, na que cada elemento perdía a súa individualidade para confundirse co todo nun espazo completo, sen zonas neutras nin baleiras. Desde 1953 retornou á figuración expresionista, influído polas temáticas totémicas (Easter...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cría dunha ave, en especial a da galiña.
-
Galo novo que xa serve para comer e a súa carne.
-
-
-
-
Extremos do eixe de revolución, nunha esfera ou en calquera superficie de revolución.
-
Cada un dos extremos do diámetro da esfera perpendiculares ao círculo nun círculo dunha esfera.
-
Orixe dun sistema de coordenadas polares.
-
-
-
Cada un dos extremos opostos dunha célula, un órgano ou un organismo.
-
polo animal
Punto da superficie do cigoto máis próximo ao núcleo e que sinala un dos dous extremos de distribución gradual de substancias.
-
polo vexetativo
Extremo da superficie do cigoto máis afastado do núcleo e cargado de vitelina para a posterior nutrición do embrión.
-
-
-
Cada un dos puntos en que o eixe de rotación dun astro corta a superficie deste.
-
...
-
-
-
-
Xogo, en que compiten dous equipos de catro xogadores, que se practica montando a cabalo e que consiste en facer entrar unha pelota de madeira nunha portaría, axudándose para impulsala dunha maza de mango longo.
-
Camiseta con colo e provista de botóns na parte superior dianteira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xeado elaborado arredor dun pau que sobresae por un dos extremos polo que se sostén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Wenceslao Cabezas del Toro.
-
PERSOEIRO
Xurista. Vicedecano da Universitat de Barcelona, escribiu La Quiebra de Barcelona Traction, Light and Power Cº., Ltd.: conclusiones de los ditámenes emitidos (1953), Ensayo de un sistema de Derecho de la empresa y cuestionario de Derecho mercantil español (1953), Leyes mercantiles y económicas (1956) e Ante una nueva reforma de la sociedad anónima (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Capelán e escritor. Coñecido como o padre Polo, foi autor dunha farsa en tres actos (El gran idiota, 1955) e do libro Galicia en sus hombres de hoy (1971), en que incluíu entrevistas realizadas a artistas, escritores e políticos da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señora de Meirás. Educada no puritanismo católico, casou en 1923 con Francisco Franco Bahamonde. Co acceso do seu home á xefatura do estado (1939), exerceu como primeira dama e, aínda que se mantivo á marxe da actividade política, parece que exerceu unha influencia directa sobre Franco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marco Polo.
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Vitebsk, Bielorrusia, situada sobre o Dvina Occidental (80.000 h [1987]). Na cidade vella está o kremlin, coa catedral de Santa Sofía, construción bizantina do s XI con modificacións barrocas do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Curva que describe sobre o elipsoide o punto de contacto dun elipsoide de inercia co plano en que este xira. Defínese polos puntos do elipsoide en que o plano tanxente é equidistante co centro do elipsoide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao campo magnético, situado sobre a superficie dun toro, de forma que as liñas do campo están nos planos que pasan polo eixe de revolución do toro.