2 polo

2 polo

(

  1. s m [MAT]
    1. Extremos do eixe de revolución, nunha esfera ou en calquera superficie de revolución.

    2. Cada un dos extremos do diámetro da esfera perpendiculares ao círculo nun círculo dunha esfera.

    3. Orixe dun sistema de coordenadas polares.

    1. s m [ANAT]

      Cada un dos extremos opostos dunha célula, un órgano ou un organismo.

    2. polo animal [BIOL]

      Punto da superficie do cigoto máis próximo ao núcleo e que sinala un dos dous extremos de distribución gradual de substancias.

    3. polo vexetativo [BIOL]

      Extremo da superficie do cigoto máis afastado do núcleo e cargado de vitelina para a posterior nutrición do embrión.

  2. [ASTRON]
    1. s m

      Cada un dos puntos en que o eixe de rotación dun astro corta a superficie deste.

    2. polo celeste

      Cada un dos dous puntos en que o eixe de rotación da Terra corta a esfera celeste.

    3. polo da eclíptica

      Cada un dos puntos da esfera celeste que se intersecan cunha recta imaxinaria, perpendicular ao plano da eclíptica e que pasa polo centro da Terra.

    4. polo galáctico

      Cada un dos puntos da esfera celeste que se intersecan cunha recta imaxinaria, perpendicular ao plano galáctico e que pasa polo centro da Terra.

  3. s m [ENX]

    Cada un dos bornes ou terminais dun xerador, unha máquina ou un aparello eléctrico, especialmente os conectados aos eléctrodos dunha pila. Fálase de polo positivo ou de polo negativo segundo a súa polaridade.

  4. [XEOG]
    1. s m

      Rexión que rodea os polos terrestres.

    2. polo magnético terrestre

      Cada un dos dous puntos da esfera terrestre situados nas rexións polares aos que se dirixe de xeito natural unha agulla imantada, e nos que se mantén vertical se é suspendida libremente. Os polos magnéticos terrestres están desprazados respecto dos polos terrestres.

    3. polo terrestre

      Cada un dos dous puntos en que o eixe de rotación da Terra corta a superficie desta. Chámanse, respectivamente, Polo Norte, Boreal ou Ártico, e Polo Sur, Austral ou Antártico.

  5. [FÍS]
    1. polo consecuente

      Polo que, nunha substancia magnética, resulta da superposición de dúas rexións de imantación oposta.

    2. polo magnético

      Cada un dos puntos situados cara ás extremidades dun imán, dos que se pode supoñer que producen o campo magnético e que neles está concentrada toda a masa magnética do imán.

  6. s m [MAT]

    Nunha función f(x), punto x 0 en que a función tende ao infinito, é dicir,


    FORMUlA

  7. s m [FÍS]

    Punto de intersección do eixe instantáneo de rotación dun sólido co seu elipsoide de inercia.

  8. s m

    Persoa ou cousa que se opón diametralmente a outra.

  9. polo de crecemento

    Área xeográfica escollida para o asentamento industrial.

  10. polo de desenvolvemento [ECON]

    Consideración prioritaria que se dá a certas zonas ou rexións para favorecer nelas o desenvolvemento e así reducir as diferenzas entre as que teñen taxas de crecemento moi desiguais.

  11. polo de iluminación [ASTRON]

    Punto da esfera terrestre cunhas coordenadas xeográficas que teñen os mesmos valores ca as coordenadas horarias dun astro, de xeito que o valor da latitude do punto é o da declinación do astro e o valor da súa lonxitude é o do ángulo horario do astro. O polo de iluminación é o punto en que a recta imaxinaria que une o astro e o centro da Terra corta, nun momento determinado, a esfera terrestre. OBS: Tamén se denomina punto astral.

  12. polo magnético [FÍS]

    Cada un dos puntos situados cara aos extremos dun imán, dos que se pode supoñer que producen o campo magnético. Os dous polos dun imán reciben o nome de polo norte e polo sur.

Palabras veciñas

pollo | Pollock, Jackson Paul | 1 polo | 2 polo | 3 polo | 4 polo | 5 polo