"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

  • PERSOEIRO

    Leigo capuchino. Viviu no convento de Monte Granaro en Italia onde destacou pola súa caridade e polos milagres e profecías que facía. Represéntase vestido co hábito capuchino cinguido por unha corda, repartindo o pan aos pobres ou de pastor, rezando ao pé dunha aciñeira. A súa festividade celébrase o 12 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do hebreo serafim, plural de seraf ‘serpe’, ou de seraf, ‘queimar’. Saraf, na Biblia, era a serpe de bronce feita por Moisés no deserto do Sinaí, para protexer o pobo das enfermidades e das mordeduras das víboras; saraf interprétase como ‘queimador’ polo incenso que lle queimaban os xudeus; xa que logo, hai unha converxencia de dous valores semánticos. Os serafíns eran os espíritos puros que rodeaban a Deus no primeiro dos nove coros anxélicos; ao primeiro foron concibidos como serpes de lume ou lampos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virxe e eremita. De orixe hispana, foi bautizada polo apóstolo Santiago. Viviu nunha cova en Mozón. Viste túnica esfarrapada e porta a cruz e o cranio como penintente, e na fronte leva unha coroa de espiñas, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 29 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Coñecido como Serafino Aquilano, é un dos máis destacados representantes da poesía cortesá da segunda metade do s XV. Compuxo estrambotes, églogas e diversas representacións teatrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Procedemento de impresión, que tamén se emprega para o estampado de tecidos e para a decoración de diversos obxectos, en que o motivo que se quere imprimir ou estampar é debuxado ou reproducido, habitualmente, nun tecido de seda ou de nailon posto nun marco. Este procedemento realízase mediante máquinas automáticas nas artes gráficas, na industria téxtil e na decoración de diversos produtos industriais.

    2. Debuxo reproducido por serigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á serigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica radiolóxica que estuda os órganos en movemento. Consiste na obtención de diversas radiografías da rexión examinada que se practican en breves intervalos de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía dos condutos das glándulas salivares tras a inxección dunha substancia opaca aos raios X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado sobre aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da medicina que trata sobre a sífilis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á sifilografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo brasileiro. Profesor da Universidade do Brasil e da Universidade Católica de Rio de Janeiro, traballou sobre o latín vulgar (História do latim vulgar, 1957), o portugués (Manual de filologia portuguesa, 1952; História da língua portuguesa, 1952-1957; e Textos medievais portugueses e seus problemas, 1956), especialmente sobre o portugués de Brasil (Introdução ao estudo da língua portuguesa no Brasil, 1952), e edicións de textos (Diálogos de São Gregório, 1950, e Bíblia medieval portuguesa, 1958). Fundou e dirixiu a Revista Brasileira de Filologia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición dos ligamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sutura ou reparación dos ligamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de rexistro das ondas sísmicas que se realiza por medio dun sismógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que rexistra a amplitude, a dirección, a frecuencia e outras características das ondas sísmicas que se manifestan en forma de vibracións na terra. Fundaméntase na inercia dunha gran masa suspendida libremente e que, polo tanto, descansa inmóbil mentres o seu soporte se move solidariamente coas vibracións da terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia auxiliar da historia que estuda a morfoloxía e a clasificación dos selos que autentican os documentos públicos e privados a través das épocas. Os estudos sixilográficos no nivel científico naceron conxuntamente cos estudos diplomáticos na escola de Jean Mabillon e dos maurinos, e constitúen unha fonte de grande interese para os estudos heráldicos e iconográficos de persoas e de arte suntuaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en sixilografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín publicado na Coruña a partir de 1959. Subtitulado “Boletín informativo” a partir do número 7, foi unha das primeiras publicacións fotográficas editadas en Galicia. Cunha periodicidade mensual, tivo un carácter divulgativo e didáctico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1982 por licenciados en Xeografía que ten como finalidade o coñecemento dos aspectos xeográficos de Galicia, a organización de seminarios e congresos para difundir o interese pola Xeografía e a conservación e defensa da paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO