sismógrafo

sismógrafo

(< sismo + -grafo)

s m [XEOL]

Instrumento que rexistra a amplitude, a dirección, a frecuencia e outras características das ondas sísmicas que se manifestan en forma de vibracións na terra. Fundaméntase na inercia dunha gran masa suspendida libremente e que, polo tanto, descansa inmóbil mentres o seu soporte se move solidariamente coas vibracións da terra.

Palabras veciñas

sísmico -ca | sismo | sismografía | sismógrafo | sismograma | sismólogo -ga | sismoloxía