sismoloxía

sismoloxía

(< sismo + -loxía)

s f [XEOL]

Parte da xeofísica que estuda os sismos e toda clase de movementos vibratorios da Terra, tanto os de orixe natural coma os provocados artificialmente. Encárgase tanto do estudo da xeración de perturbacións sísmicas en medios elásticos como das condicións de propagación das ondas que se producen por estas perturbacións a través de medios de diferente natureza.