"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Paraná, Brasil (421.343 h [1996]). A súa economía baséase nunha importante produción de café.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Viga que sostén o taboleiro dunha ponte.

    2. iga que sostén as travesas dos carrís de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Chile a partir de 1989 polo Lar Gallego de Chile. Distribuíuse de balde cunha periodicidade anual e serviu como medio de promoción das actividades da institución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Tomou o hábito no convento de San Esteban de Salamanca en 1751 para despois dedicarse á predicación nos conventos da súa orde en San Sadurniño, Tui, Santiago de Compostela e Viveiro, polo que en 1778 acadou o título de predicador xeral da súa orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome de Lorena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade estratigráfica en desuso, pertencente á parte superior do piso Sinemuriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Lotarinxia (855-869), fillo do Emperador Lotario I. Recibiu do seu pai os territorios entre o Rin, o Mosa e o Esclada, con Frisia. Á morte do seu irmán, o Emperador Luís II, anexionou Lyon, Arles e Vienne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca natural situada ao SO da Comunidade Autónoma de Galicia, na provincia de Pontevedra, que comprende os concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui. Atópase practicamente inmersa na área metropolitana de Vigo. Recibe o seu nome do río Louro, que rega a comarca xunto co Caselas. Está asentada na Depresión Meridiana sobre un substrato de rochas ígneas chamadas popularmente granito rosa Porriño. A explotación do granito, xunto coa utilización agrícola do val do Louro e Caselas, son as principais actividades económicas desta comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Tui-Vigo, que comprende o concello de Mos e parte dos de Porriño, Tui e Vigo. Está composto por 18 parroquias matrices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado no extremo L da Sierra de los Filabres, regado polo río Antas (1.670 h [2001]). A súa poboación está diseminada e a economía é agrícola e gandeira, con algunhas industrias alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia responsable da emisión luminosa producida por algúns seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Lucifer.

    2. Que é malo ou perverso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra e violinista francés. Foi director da Sinfónica da Radio de Berlín, da Sinfónica de Cleveland, da Nacional de Francia e da Sinfónica da Radio de Baviera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e bailarina estadounidense. Coñecida como Ginger Rogers, foi parella de Fred Astaire en películas musicais como Top Hat (1935), Shall We Dance? (1936) e Kitty Foyle (1940, Oscar á mellor actriz). Tamén participou en Horlow (1965) ou a póstuma Change of Heart (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático escocés. Na súa obra fundamental A Treatise of Fluxions (1742), prolongou, con métodos orixinais os cálculos do seu mestre I. Newton sobre determinadas cuestións aínda non aclaradas, como a figura de equilibrio dunha masa fluída en rotación ou a atracción que exerce por un elipsoide homoxéneo sobre puntos da súa superficie ou do seu interior. Estableceu tamén a fórmula Maclaurin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula que dá o desenvolvemento en serie de Taylor   no punto x = 0 dunha función f(x), real ou complexa, derivable ata a orde n + 1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (217-218). Foi prefecto do pretorio (212) e participou no asasinato de Caracalla. Cando foi proclamado emperador polo exército, continuou a guerra contra os partos e acadou unha paz pouco vantaxosa. Despois da elección do Emperador Heliogábalo foi derrotado e asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que deriva do nome persoal latino Macrinus, patronímico que deriva do adxectivo latino macer ‘fraco, cativo’. Santa Macrina a Menor de Cesarea (s IV) celébrase o 19 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Muller que presenta ou asiste no bautismo, confirmación, casamento ou orde a unha persoa e asume certo tipo de responsabilidade con ela. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia a tradición de que a avoa fose a madriña do bautizo dos netos máis vellos fai que reciba este nome como tratamento de respecto.

    2. Muller que patrocina ou preside determinados actos ou cerimonias.

    3. Muller que protexe ou axuda a unha persoa nos seus designios.

    VER O DETALLE DO TERMO