"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Estudou medicina e filosofía e letras en Santiago de Compostela e colaborou no Diario de Santiago, que dirixiu en 1878, La Gaceta de Galicia, El Heraldo Gallego e La Ilustración Gallega y Asturiana. En 1880 trasladouse a Madrid, onde formou parte da redacción de El Globo, diario de Castelar. Posteriormente foi redactor de El Liberal, ata que en 1907 pasou a dirixir a Sociedad Editorial de España. Republicano federal, foi deputado polo distrito de Santa Cruz de Tenerife (1911-1914) e polo de Ordes (1914-1918). Publicou Recuerdos 1868-1875 (1876), Orillas del Ulla e Las dos aceras del estrecho de Gibraltar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Vicenza ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Vicenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, no Véneto, Italia (106.069 h [2001]). Situada na confluencia dos ríos Retrone e Bacchiglione, ao pé dos montes Berici, é un núcleo industrial. De orixe prerromana, foi a cidade romana de Vicentia e condado lombardo e francés. A partir de 1404 foi anexionada á república de Venecia. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral, o Palazzo Comunale e Villa Capra, máis coñecida por La Rotonda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do Véneto, Italia (2.722 km2; 788.374 h [2001]). A capital é Vicenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade, función ou cargo de vicepresidente.

    2. Lugar que ocupa o vicepresidente nunha asemblea ou nunha reunión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa elixida para asistir o presidente e substituílo en caso de defunción, dimisión ou impedimento para o exercicio do cargo nalgúns sistemas presidenciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alto funcionario político-administrativo que gobernaba un vicerreinado como representante do rei e con plenitude de xurisdición civil, criminal e administrativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou cargo de vicerrei. A súa orixe remóntase aos ss XV e XVI, cando foi creado pola Coroa de Aragón. Nos territorios hispánicos en Europa existiron os vicerreinados de Galicia, Navarra, Aragón, Catalunya, València, Mallorca, Nápoles, Sicilia e Sardeña. Os Reis Católicos crearon o vicerreinado das Indias, a cargo da familia Colón. Posteriormente este foi dividido en dous: o de Nueva España (1535) e o de Perú (1542), e durante o s XVIII constituíronse os de Nueva Granada (1717) e o de Río de La Plata (1777). Os primeiros en desaparecer foron os da Coroa de Aragón, ao aprobar Filipe V os Decretos de Nueva Planta; logo os italianos, ao perderse estes territorios durante a Guerra de Sucesión Española e, posteriormente, os indianos, que desapareceron paralelamente á dominación española sobre estes territorios. O de Navarra mantívose ata a reforma de 1842, cando o antigo reino pasou a transformarse en provincia.

    2. Tempo de goberno dun vicerrei.

    3. Territorio sometido á xurisdición dun vicerrei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que exerce de reitor por ausencia ou impedimento deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de vicerreitor.

    2. Gabinete ou edificio onde traballa o vicerreitor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • vicerreitorado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Brión baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das cantantes que interveñen nos números de conxunto nas zarzuelas, operetas e revistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e historiador. Foi soldado voluntario ata que decidiu abandonar o corpo en 1850. Introduciuse nos círculos literarios provincialistas a través das súas colaboracións sobre historia galega na prensa, como en El Recreo Compostelano (1842-1843), Crónica de Occidente, El Diario e Revista Galaica. Foi director de El Clamor de Galicia (1854-1856). Influído por Walter Scott, a súa obra agrúpase en 50 volumes e divídese en novelas históricas, cabaleirescas, sociais ou costumistas, como El caballero verde (1844), Los hidalgos de Monforte (1851), en que conta o enfrontamento entre o conde de Lemos e os irmandiños, mandados polo mariscal Pardo de Cela; Magdalena (1861) e El cazador de fantasmas (1877). Tamén escribiu Los reyes suevos de Galicia (1860), La baronesa de Frije (1874) e Historia de Galicia (1865-1873), unha obra dividida en sete tomos, onde amosa a súa faceta como historiador...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adaptación da locución latina vice versa que significa ‘en sentido contrario ou reciprocamente’. Introduce un enunciado inverso ao que acaba de expresarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Vigo a partir de 1995. Promovida pola Asociación de Tradutores Galegos e dirixida por Camiño Noia, saíu anualmente co obxectivo de promover a tradución ao galego das obras da literatura universal, publicar artigos sobre a cuestión e informar sobre a situación da tradución en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisaría de Colombia (100.242 km2; 83.467 h [estim 2000]). A capital é Puerto Carreño (10.000 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO