"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Exerceu como profesor de arte en diversas universidades norteamericanas (1926-1949) e en Honolulu (1949-1966). Influído polas propostas de artistas como Rivera ou Orozco, destacou pola súa obra muralista, da que deixou exemplos tanto en México (mural da Escola preparatoria Matanza del gran templo) coma nos EE UU. A súa obra amósase no Museo de Arte Moderno de Nova York ou na Rockefeller Collection.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Coñecido tamén como Charton ou Quarton, estableceuse en Aix-en-Provence, Arles e Aviñón entre 1444 e 1466. Só se conservan dúas obras documentadas: a táboa da Virxe da Misericordia (1452) e o Triunfo da Virxe (1454). Ademais, atribúeselle a Piedade de Villeneuve-lès-Avignon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi discípulo de Carissimi en Roma e, á súa volta a Francia, colaborou no teatro con Molière. Ao redor de 1680 entrou ao servizo do Gran Delfín e foi profesor de música de Filipe, futuro duque de Orléans. Dende 1698 ata a súa morte foi maître de musique da Saint-Chapelle. Compuxo a música para as obras teatrais Le mariage forcé e Le malade imaginaire, de Molière e para a ópera Médée (1693). Dedicouse especialmente á musica relixiosa, compuxo numerosas misas (Messe pour les trépassés e Messe de minuit), motetes e musicou partes dos Salmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten diferentes cores vivas, discordantes e mal combinadas, especialmente as pezas de roupa.

    2. Que viste esta roupa. Ex: Teño que cambiarme, que non vou a sitio ningún tan charramangueira.

    3. Aplícase ás bolboretas, cigarras e abellas coas ás de diferentes cores.

    4. Arxilas de diferentes cores do Triásico superior, da facies Keuper.

    5. Greses de cores diversas, especialmente vermellas, do Triásico inferior e da facies Buntsandstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á locución ‘rei de trunfos na brisca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e farmacéutico. Discípulo de X. Casares Gil, licenciouse na Universidade de Santiago e doutorouse na Universidad de Madrid en 1926. En 1930 obtivo a cátedra de Técnica Física e Análise Química na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente dirixiu, na mesma universidade, o departamento de Análise Química Aplicada e Bromatoloxía-Toxicoloxía. Tamén ocupou os cargos de secretario, vicedecano e decano da facultade de Farmacia. Centrou o seu labor investigador no estudo da composición e do estado dos alimentos, así como dos hábitos alimentarios en Galicia. Entre as súas publicacións, destacan Síntesis de medicamentos orgánicos (1914), Contribución al estudo físico-químico de las aguas minero-medicinales de Galicia (1933) e Análisis de alimentos españoles. Composición química de moluscos y crustáceos gallegos (1941)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Estudiou arquitectura e pintura na Escola de Belas Artes de Lisboa. Desde a súa primeira exposición en 1953 ata finais da década dos cincuenta participou nas principais mostras pitóricas portuguesas. Acadou unha bolsa da Fundação Calouste Gulbenkian e viaxou por Europa ao tempo que expuxo en diversas mostras colectivas. Posteriormente, comezou a traballar co gravado e coa cerámica. As propostas figurativas da súa pintura axiña deixaron paso á introdución de fórmulas expresionistas nas que aparece o xestualismo, a colaxe, os elementos matéricos, etc. No campo escultórico destacou no traballo con pezas metálicas seriadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘albanel’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banco comercial constituído en Nova York en 1955 como resultado da fusión do Bank of Manhattan Company (fundado en 1799) e o Chase National Bank (1877), estreitamente ligado á familia Rockefeller desde 1929. A fusión entre o Chase Manhattan Bank e o Chemical Bank orixinou un dos bancos máis importantes dos EE UU. Con presenza en cincuenta países e dotado dunha extensa rede de oficinas, sucursais, bancos afiliados e especialistas financeiros, o seu volume de activos equivale a preto da metade da banca comercial española. É o membro máis importante da Chase Manhattan Corporation (hólding fundado en 1969). O Chase Manhattan Bank España naceu da fusión de tres bancos estranxeiros que actuaban neste país desde 1979: Manufacturers Hanover Trust, Chemical Bank e Chase Manhattan Bank.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e crítico de arte. Foi profesor na Escola Práctica de Altos Estudios da Sorbonne (1957-1970) e na cátedra do Collége de France (1970-1984). Discípulo de Raenudet e de Focillon, especializouse no estudo do Renacemento italiano. Exerceu como crítico de arte no xornal Le Monde e fundou diferentes revistas especializadas como Art de France e Revue d’Art. É autor, entre outras obras, de Art et humanisme à Florence au temps de Laurent le Magnifique (Arte e humanismo en Florencia na época de Lourenzo o Magnífico, 1959), Marsile Ficin et l’art (Marsilio Ficino e a arte, 1975), Fables, formes, figures (Fábulas, formas, figuras, 1979), L’image dans le miroir (A imaxe no espello, 1980), L’art italien (A arte italiana, 1982) e Le sac de Rome: 1527 du premier maniérisme à la Contre-reforme (O saqueo de Roma: 1527 do primeiro manierismo á Contrarreforma, 1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prato elaborado con filetes grosos de vaca, cortados do centro do solombo e asados na grella. Adoita acompañarse de patacas e salsa bearnesa. Foi creado por Montmireil, cociñeiro de Chateaubriand.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, vizconde de Chateaubriand. Foi o creador da escola romántica francesa e un dos máis destacados divulgadores do romanticismo en Europa. Entre 1786 e 1791 foi oficial do exército e opúxose á Revolución Francesa; en 1791 viaxou a Norteamérica coa intención de descubrir o paso NO (do Atlántico aos mares polares). Regresou a Europa e en 1792 ingresou no exército realista; un ano máis tarde marchou a Inglaterra. Ao seu regreso, exerceu como ministro de Asuntos Exteriores coa restauración borbónica (1823). Colaborou co Journal des Débats, no que escribiu diversos artigos sobre a liberdade de prensa e contra a censura. Publicou Essai sur les Révolutions (Ensaio sobre as revolucións, 1797). A morte da súa nai (1798) provocou nel unha volta á fe católica e en 1800 volveu a París. Escribiu Atala (1801) e Des beautés poétiques et morales de la religion chrétienne (Sobre as belezas poéticas e morais da relixión cristiá), primeiro esbozo de Génie du christianisme...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Coñecido pola novela realista Monsieur des Lourdines (Señor das Lourdines, Premio Goncourt, 1911), evolucionou cara a un misticismo antiintelectualista en novelas posteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista francés. Escribiu en colaboración con Émile Erckmann baixo a sinatura Erckmann-Chatrian. Destaca a súa novela histórica Madame Thérèse (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tennessee, nos EE UU (152.470 h [1990]), situada nos contrafortes das montañas Lookout e Walden, á beira do río Tennessee. A súa economía baséase principalmente na explotación dos recursos mineiros (hulla, uranio e ferro) e na produción de algodón. A industria céntrase nas empresas químicas e nas de construcións mecánicas. Fundada en 1815 por John Ross, en 1851 recibiu o título de cidade. O xeneral Grant venceu alí os confederados durante a Guerra de Secesión, entre o 22 e o 25 de novembro de 1863.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista bengalí. Influído por Walter Scott, cultivou a novela histórica e chegou a ser un dos autores máis populares da India do seu tempo. É autor da canción india Bande Mātaram (Saúdo á nai).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Chauvelin. Entrou ao servizo de Luís XVI e posteriormente se uniu á Revolución. Serviu a Napoleón, que o nomeou conde do Imperio no 1809, e ao ano seguinte formou parte do Consello de Estado. A partir de 1812 estableceuse en Barcelona, onde o nomearon intendente de toda Catalu-nya. Coa instauración do réxime borbónico, volveu a Francia e ocupou o posto de deputado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre Puvis de Chavannes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profesor coruñés que impartiu clases na Escola Normal de Lugo e da Coruña. No 1882 acudiu ao primeiro Congreso Pedagógico Español (1882), organizado pola ILE. Publicou Congreso Nacional Pedagógico. Memoria acerca de las discusiones y trabajos verificados por dicha Asamblea (1883) e, dentro da literatura, Fábulas y poesías morales y religiosas (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de san Bartolomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO