Chattanooga

Chattanooga

Cidade do estado de Tennessee, nos EE UU (152.470 h [1990]), situada nos contrafortes das montañas Lookout e Walden, á beira do río Tennessee. A súa economía baséase principalmente na explotación dos recursos mineiros (hulla, uranio e ferro) e na produción de algodón. A industria céntrase nas empresas químicas e nas de construcións mecánicas. Fundada en 1815 por John Ross, en 1851 recibiu o título de cidade. O xeneral Grant venceu alí os confederados durante a Guerra de Secesión, entre o 22 e o 25 de novembro de 1863.