"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
lei da atracción universal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Leis formuladas por I. Newton. A primeira lei do movemento di que todo o sistema físico illado, é dicir, sobre o que non actúa ningunha forza exterior, mantense no seu estado de repouso ou de movemento rectilíneo e uniforme. A segunda lei do movemento di que a variación do estado de repouso ou de movemento rectillíneo e uniforme dun sistema físico é proporcional á forza exterior que se lle aplica, e maniféstase na mesma dirección ca a forza. Por último, a terceira lei do movemento establece que toda acción (forza) aplicada a un sistema físico se opón a unha reacción igual e de sentido contrario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tubo de vidro do que se extraeu aire, que contén corpos de diferente natureza, como unha bóla de aceiro, unha pluma ou un anaco de cortiza, e que serve para comprobar que, en ausencia da rozadura do aire, o tempo de caída dos corpos é independente da súa masa, forma e natureza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Isaac Newton ou ás súas teorías.
-
DISTRITOS
Distrito de Irlanda do Norte, formado en 1958 mediante a unión de sete comunidades rurais (151 km2; 82.000 h [estim 2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(s IV) Mártir. Foi perseguido durante o mandato do Emperador Galerio (305-311) e morreu martirizado. A súa festividade celébrase o 4 ou o 7 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome persoal grecobizantino Nikétas, variante de Nikétes ‘vitorioso’, ‘vencedor’, derivado de níke ‘vitoria’. Presenta a variante Nicetas. A súa festividade celébrase o 5 de maio (Niceto), o 20 de marzo (Nicetas o Confesor) e o 15 de setembro (Nicetas o Godo).
-
PERSOEIRO
Escritor e teólogo cristián. Escribiu diversos textos de catequese e foi considerado autor do himno Te Deum.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi bispo de Vienne. A súa festividade celébrase o 5 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Formouse en Berlín e Roma e dirixiu a ópera de Königsberg e a ópera da Corte de Berlín. Compuxo música relixiosa e as óperas Il templario (1840) e Die lustigen Weiber von Windsor (As felices viúvas de Windsor, 1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico, escritor e editor. Partidario da filosofía popular e propagador das ideas ilustradas e do racionalismo, participou na fundación das tres primeiras revistas de Alemaña. Escribiu Leben und Meinungen des Magisters Sebaldus Nothanker (Vida e opinións do mestre Sebaldus Nothanker, 1773-1776), en que criticaba a Goethe, Schiller, Kant e Fichte; e Lebengeschichte eines dicken Mannes (Historia dun home obeso, 1794).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (preto de Ancona 1249 - ?) Predicador e taumaturgo italiano. Pertenceu á orde dos eremitas de santo Agostiño e viviu con suma austeridade. Iconograficamente represéntase vestido co manto negro dos eremitas agostiños. Como atributos persoais leva unha estrela no peito e un crucifixo na man, e ás veces tamén se representa cun cesto de pans ou cun prato do que saen perdices. A súa festividade celébrase o 10 de setembro.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Nicolò da Foligno, o seu estilo, piadoso e cándido (Polittico di Cagli, 1461-1465), evolucionou cara a unha arte máis sólida e de debuxos máis rigorosos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro rei de Bitinia (91-74 a C), fillo e sucesor de Nicomedes II. Aliado dos romanos, foi vencido (88 a C) por Mitridates VI de Ponto e tivo que abandonar a rexión, pero volveu coa axuda de Lucio Cornelio Sula.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Asia Menor, situada ao NO de Armenia menor. Foi fundada por Cneo Pompeio, en lembranza da vitoria sobre Mitridates VI de Ponto, e anexionada ao Imperio Romano por Nerón. Reconstruída por Xustiniano I despois dun terremoto, foi arrasada novamente polos persas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
NADP.
-
PERSOEIRO
Historiador da arte. Especialista en vidreiras españolas, desenvolveu a súa actividade investigadora arredor da arte medieval, renacentista e contemporánea, esta última a carón dos artistas do grupo El Paso. Entre 1984 e 1991 dirixiu a revista de arte Fragmentos. Da súa obra destacan Goya: vida y obra (1967), La vidriera del Renacimiento en España (1970), Impresionismo y Fauvismo (1972), Del Cubismo al surrealismo (1987), Historia del Arte (1994) e La vidriera española, ocho siglos de luz (1998, Premio Nacional de Historia, 1999). Membro do Consello Científico do Museo del Prado desde 1987, en 2002 foi elixido membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Colaborou en El Eco Franciscano cos pseudónimos de Querubín e Amacialbene, e foi premiado nos Juegos Florales de Almería (1912) por un traballo que apareceu no xornal La Independencia. Publicou Vida compendiosa y popular de San Francisco de Asís, que foi premiada en Santiago de Compostela (1909).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1916. Instalouse no hospital da Coruña como especialista en dermatoloxía e sifilografía. Facultativo da Asociación da Prensa, ingresou na Academia Española de Dermatoloxía e Sifilografía. Publicou El capitán de yate (1944) e Higiene naval (1950), galardoados co premio Virgen del Carmen, e Primeiros auxilios sanitarios en la mar (1969). Foi galardoado coa Cruz do mérito naval con distinción branca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Destacou no transcurso da Guerra Civil (1936-1939) e ascendeu a segundo xefe da Casa Militar de Francisco Franco. En 1957 alcanzou o grao de almirante xefe da Xurisdición Central da Mariña. Foi secretario da Mariña Mercante (1960), desde onde renovou a frota pesqueira e creou as Escolas Naútico-Pesqueiras, e ministro da Mariña (1962-1969).
VER O DETALLE DO TERMO