Nicolao de Tolentino,
Nicolao de Tolentino,
san (preto de Ancona 1249 - ?) Predicador e taumaturgo italiano. Pertenceu á orde dos eremitas de santo Agostiño e viviu con suma austeridade. Iconograficamente represéntase vestido co manto negro dos eremitas agostiños. Como atributos persoais leva unha estrela no peito e un crucifixo na man, e ás veces tamén se representa cun cesto de pans ou cun prato do que saen perdices. A súa festividade celébrase o 10 de setembro.