Nicolao de Mira, san ou Nicolao de Bari
Nicolao de Mira, san ou Nicolao de Bari
Bispo de Mira. Afirmouse a súa participación no Concilio I de Nicea (325), onde combateu o arianismo. Atribúenselle como miragres a salvación da deshonra de tres doncelas que o pai quería prostituír por falta de diñeiro e a resurrección de tres rapaces mortos por un carniceiro. Iconograficamente represéntase con vestiduras de bispo (grego no mundo bizantino, coa cabeza descuberta e un libro na man, e latino en Occidente, coa mitra sobre a cabeza e o báculo na man), cunha man encol dos Evanxeos e unha pirámide de tres bólas ou bolsas de ouro (alusión á dotación que lles deu ás doncelas) e, ás véces, cunha áncora, por ser patrón dos mariñeiros. A súa festividade celébrase o 6 de decembro.