"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Realizou estudios en París e en 1957 instalouse en Xerusalén. É autor de diversos ensaios onde trata o mundo xudeu: Histoire du judaïsme (Historia do xudaísmo, 1957), La pensée juive (O pensamento xudeu, 1965) e Retour aux racines (Volta ás raíces, 1981). Realizou a tradución da Biblia en vinte e seis volumes (1974-1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pintor. No s XVI realizou as pinturas murais da igrexa de Santo Estevo de Chouzán (Carballedo), patrocinadas por Alonso de More en 1536. Caracterízase por un estilo propio do gótico tardío no que prima o detallismo das escenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial de características románicas con planta de cruz latina rematada cunha ábsida semicircular, precedida dun pequeno tramo rectangular. O tramo da nave cóbrese con madeira a dúas augas, mentres que a cabeceira cunha bóveda de canón e a ábsida cunha de cuarto de esfera. A parte máis antiga do edificio é a ábsida, posiblemente dunha igrexa preexistente, da segunda metade do s XII, que fundara Fernando II de León. Nela aparece unha decoración de canzorros, entrelazos, seteiras e outros elementos propios do románico rural de Galicia. A nave e o cruceiro parecen ser posteriores, segundo aparece nunha inscrición que fai mención á fundación da igrexa por parte da abadesa Teresa Arias de Páramo en 1324. O interior do templo mantén a austeridade e o concepto espacial das características góticas, só alteradas polo pequeno retablo neoclásico do presbiterio e polos restos dunhas pinturas murais góticas tardías que se corresponden co padroado de don Alonso de More, no primeiro terzo do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político canadense. En 1963 foi elixido membro da Cámara dos Comúns de Canadá polo Partido Liberal. Fíxose cargo de varias carteiras ministeriais: Asuntos Indios e do Norte canadense (1968-1974), Industria e Comercio (1976-1977), Finanzas (1977-1979), Xustiza (1980-1982) e Enerxía, Minas e Recursos (1982-1984). Despois de converterse en líder do seu partido, foi elixido primeiro ministro de Canadá nas eleccións de 1993, cargo que renovou nos comicios de 1997 e de 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo norteamericano. Exerceu como profesor de arte na University of Alabama, na Memphis State University e na Corcoran School of Art de Washington. A súa primeira exposición individual foi na galería de arte da University of Alabama (1961) e a partir de aí desenvolveu unha intensa actividade en diferentes museos e galerías como a Henri Gallery de Washington (1970), a Morgan Gallery de Kansas City (1982), a MacGill Gallery de Nova York (1985) e a IV Fotobienal de Vigo (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución relixiosa, denominada tamén Scientist, fundada por Mary Baker Eddy (1821-1910). Os seus postulados recóllense en Science and Health with Key to the Scriptures (Ciencia e saúde coa chave para as Escrituras, 1875), da autoría de Baker. Propugna que só o espírito ten realidade e que a materia non existe, e que o mal, o sufrimento e a morte son produtos dunha intelixencia pouco sa. En 1879 fundouse en Boston a súa primeira igrexa e ten máis de 1.500.000 membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista norteamericano. Formou parte da orquestra de Benny Goodman e realizou numerosas gravacións con el e mais con Lionel Hampton e Edmund Hall. A súa música caracterízase por un swing moi intenso. Foi un innovador do campo harmónico ao empregar acordes alterados. A partir de 1937 adoptou a guitarra eléctrica e púxoa ao mesmo nivel ca o saxofón e as trompetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Christian Maudet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu a cidade de Oslo entre 1624 e 1924.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto producido cando a luz atravesa unha suspensión dunha substancia finamente dividida nun líquido. Prodúcese por mor das diferentes dispersións do po en suspensión e do líquido; como consecuencia, a suspensión só deixa pasar as radiacións que teñan frecuencias que pertenzan á banda estreita do espectro, para a que o líquido e o po teñen o mesmo índice de refracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor noruegués. Preocupado por problemas morais e relixiosos, nas súas obras analizou a pequena burguesía. Da súa produción destaca o drama En reise i natten (Un viaxeiro na noite, 1930) e a novela To levende og en död (Dúas vidas e unha morte, 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da primeira casa de poxas dedicada aos obxectos artísticos, coñecida como Christie’s. Foi fundada por James Christie o Vello (1730-1803) en Londres, onde tivo lugar a primeira poxa o 5 de decembro de 1766 no edificio Pall Mall. En 1823, James Christie o Novo (1773-1831) instalouse en King Street, St. James’ s Square, sede da institución agás no período 1941-1953, época na que se trasladou por mor dos danos producidos durante a Segunda Guerra Mundial. Despois da morte de Christie o Novo, asociáronse William e Edward Mason e en 1859 a casa adoptou o nome actual. En 1973 converteuse nunha compañía pública. Editou o Christie’s International Magazine e ten como empresas auxiliares a Christie’s Appraisals, a White Brothers, a Christie’s Education, promotora de cursos de arte en Londres, e a Phaidon/Christie’s, editora de libros de arte. Ten sedes en Amsterdam, Nova York e Xenebra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. As súas narracións tiveron grande éxito, tanto os de índole persoal coma os poemas e os tratados feministas. A súa obra lírica insírese dentro do estilo de Eustache Deschamps e nela destaca o Livre de la mutation de Fortune (Libro da mutación de Fortuna); en prosa sobresaen o Livre de la Cité des Dames (Libro da cidade das damas), o Livre des faits d’armes et de chevalerie (Libro de feitos de armas e de cabalería), a Lamentation sur les maux de la guerre civile (Lamentación sobre os males da guerra civil, 1410) e o Livre de la Paix (Libro da paz).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento escrito polo crego Bernardo. Trátase da obra máis antiga na que hai noticias sobre a igrexa de Santiago de Compostela, con informacións que chegan ata o ano 1126.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das asteráceas que se coñecen co nome de crisantemos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘gaiteiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e historiador de arquitectura e de urbanismo. Estudiou arquitectura na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1936) e socioloxía e urbanismo na University of Columbia (EE UU). Foi catedrático da Escola Superior de Arquitectura e director do Museo de Arte Contemporáneo en Madrid (1958). Foi senador (1977-1979) e conselleiro do reino (1978-1979). Entre as súas obras destacan La catedral de Valladolid: una página del siglo de oro de la arquitectura (1947), La catedral nueva de Salamanca: Historia documental de su construción (1951), Museo del Prado: Guiones de arquitectura (1952), Historia de la arquitectura española (1965), Breve historia del urbanismo (1968), La crisis del lenguaje arquitectónico (1972), Historia de la arquitectura occidental (1974), Liberalismo, ideas y recuerdos (1989), El Palacio Real de Madrid (1993) e Arquitectura de Madrid, siglo XX (1999). Participou tamén nas obras colectivas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bebedeira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros e canteiros que corresponde ás voces ‘bebedo’ e ‘borracho’.

    VER O DETALLE DO TERMO