"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
SERRAS
Serra de Taiwán, situada na parte oriental da illa, cunha dirección N-S (3.950 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Home que, segundo a tradición popular, agarda por algúns rapaces en lugares pouco iluminados para raptalos, matalos e logo chucharlles o sangue.
-
PERSOEIRO
Político británico. Elixido deputado conservador en 1874, representou a sección progresista do seu partido. Formou o grupo fourth party (cuarto partido), unha pequena asociación de independentes do partido conservador e do partido liberal. En 1886 presidiu a Cámara dos Comúns e ocupou o cargo de ministro de Facenda.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Irixoa que pertenceu ao mosteiro de San Vicente de Curtis. No muro exterior sur consérvase unha lápida prerrománica do s X cunha cruz de brazos iguais rectos, colocada sobre un soporte. Do seu brazo horizontal penden as letras gregas alfa e omega, e sobre elas, represéntanse uns obxectos que poderían ser uns candeeiros de tres brazos. Arredor da peza aparece unha inscrición que fai referencia a san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘borracheira’.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, na marxe dereita do río Guadalhorce (6.458 h [1996]). A principal actividade económica é a industria, da que destacan os produtos alimentarios, os tecidos e a maquinaria. A fertilidade da zona permite o desenvolvemento dunha importante actividade agrícola e gandeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e cartógrafo. Levou a cabo diversas expedicións marítimas, das que deixou relatos de interese xeográfico e técnico como Apéndice al primer viaje de Magallanes (1788). Colaborou na realización do atlas marítimo de América do Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Churruchao.
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Ch’ungch’ ǒ ng Meridional, na República de Corea, situada ao S de Seúl (330.259 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Azul verdoso, cor substractiva complementaria do maxenta. Absorbe esta cor pero reflicte o resto do espectro de luz branca. É unha das tres cores básicas empregadas na síntese abstractiva tricroma.
-
-
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘azul escuro’. Ex: cianobacteria, cianose.
-
Forma prefixada que se emprega para indicar a presenza dun grupo -CºN nunha molécula.
-
Forma prefixada que se emprega para indicar a presencia do anión cianuro nun complexo metálico.
-
-
ENTRADA LARGA
Cristais obtidos industrialmente por carbonatación da cianamida de calcio segundo as ecuacións:
FORMULA
Son importantes, comercialmente, os seus sales de sodio e de calcio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sal do ácido ciánico obtido por oxidación dos cianuros con algúns óxidos metálicos.
-
Anión derivado do ácido ciánico, de fórmula NCO - , presente nos cianatos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cianobacteria endosimbiótica que carece de parede celular; no seu lugar aparecen dúas membranas plasmáticas que pertencen á cianela e outras dúas que proceden do antigo vacúolo dixestivo. É frecuente nas células dalgunhas clorofíceas.
-
-
Relativo ou pertencente ao ácido cianhídrico.
-
Líquido volátil altamente tóxico, con olor a améndoa amarga, obtido industrialmente por oxidación dunha mestura de amoníaco e metano (proceso Andrussow): CH 4 +NH 3 →HCN+3H 2 . Emprégase en forma de gas comprimido na eliminación de roedores e insectos e para obter acrilatos, adiponitrilos, cianuros, colorantes, gomas, plásticos e gases de guerra. Tamén se emprega coma fumigante na desinsectación de sementes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto orgánico que contén un grupo ciano e un grupo hidroxilo. Obtense por adición de ácido cianhídrico ao dobre enlace dos aldehidos ou das cetonas; o mecanismo da reacción interprétase como un ataque nucleofílico sobre un átomo de carbono polarizado positivamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cian(i/o)-.
-
-
De cor azul escura.
-
Que contén cianóxeno.
-
Líquido de propiedades ácidas con acción lacrimóxena. Formalmente é o nitrilo do ácido carbónico. Obtense por destilación do ácido cianúrico e os seus isómeros son o ácido isociánico (HN=C=O) e o ácido fulmínico (HO-NºC).
-
-
-
Antocianina responsable da coloración das rosas vermellas.
-
Grupo de colorantes catiónicos de molécula constituída por dous núcleos heterocíclicos unidos por unha cadea polimetínica, descubertos por C. G. Williams en 1856. O seu grupo cromóforo é o sistema polimetínico de dobres enlaces conxugados cos dous heteroátomos terminais. Os dous heterociclos das cianinas propiamente ditas están nitroxenados e os das cianinas aniónicas, ou oxonois, están osixenados, mentres que nas merocianinas un ciclo contén nitróxeno e outro osíxeno. Algunhas cianinas aplícanse nas emulsións fotográficas, sensibles tan só á luz violeta e azul, para sensibilizalas ao verde e ao amarelo (emulsións ortocromáticas) ou a todo o espectro visible (emulsións pancromáticas).
-