"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de aluminio de fórmula Al2SiO5. Cristaliza no sistema triclínico con cristais de hábito tubular. Ten dureza variable de 4 a 7 segundo as caras, densidade de 3,6 e cor azul. Tamén se coñece co nome de distena.
-
PERSOEIRO
Político italiano, conde de Cortellazzo. En 1930 casou con Edda, filla de Mussolini, quen o nomeou subsecretario de Estado, ministro de Prensa e Propaganda (1935) e de Asuntos Exteriores (1936). Propugnou a política imperialista da Italia fascista. Mussolini retirouno do ministerio e nomeouno embaixador no Vaticano. Na reunión do Gran Consello Nacional fascista (25 de xullo de 1943) encabezou o grupo de xefes fascistas que votou a favor do derrocamento de Mussolini. En Verona, foi detido e xulgado por un tribunal especial; condenado a morte, fusilárono o 11 de xaneiro de 1944. Nos seus Diarios relata o funcionamento interno da Italia fascista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cian(i/o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cianhidrina.
-
-
Relativo ou pertencente ás cianobacterias.
-
Bacteria do filo das cianobacterias.
-
Filo de bacterias fotosintéticas, anteriormente chamadas algas azuis ou cianofíceas, que levan a cabo unha fotosíntese osixénica (teñen dous fotosistemas) e posúen un sistema de pigmentos similares nalgúns aspectos ao das eucariotas. Trátase dun grupo estruturalmente diverso, con formas unicelulares, coloniais ou tamén filamentosas. Polo xeral teñen a capacidade de fixar o nitróxeno atmosférico, capacidade relacionada coa presenza de células especializadas ou heterocistos; isto confírelle unha grande importancia no desenvolvemento dalgúns ecosistemas. Comprende uns 150 xéneros entre os que destacan Nostoc, Microcystis, Anabaena e Azolla.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cristal vermello illado en cultivos de Streptomyces griseus por Karl Folkers e polos seus colaboradores en 1947. Ten un papel importante na síntese dos ácidos nucleicos, no metabolismo do ácido fólico, das graxas e dos aminoácidos, e na conversión dos glícidos en graxas. Almacénase no bazo e nos riles. Emprégase no tratamento da anemia megaloblástica, polo que tamén se coñece como factor antianemia perniciosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cianobacterio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coloración azul da pel e das mucosas que aparece cando a concentración de hemoglobina reducida no sangue capilar é superior a 5 g/100 ml. Pódese deber a unha osixenación deficiente do sangue arterial ou a un aumento na utilización de osíxeno. A primeira, ou hipóxica, preséntase en estados de insuficiencia respiratoria ou nas cardiopatías conxénitas en que unha gran parte do sangue venoso pasa ao torrente arterial a través dunha vía anormal; a segunda, prodúcese por unha diminución da velocidade de circulación do sangue capilar, como ocorre nas insuficiencias circulatorias ou nas vasoconstricións periféricas.
-
-
Relativo ou pertencente á cianose.
-
Persoa que sofre cianose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato de cobre e aluminio hidratado de fórmula Cu4Al2(OH)12SO4·2H2O. Cristaliza no sistema rómbico en cristais capilares azuis. Ten peso específico 2,74-2,95.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que, sometida a certos tratamentos ou reaccións, libera ácido cianhídrico.
-
-
Aplícase á substancia que ten a capacidade de producir unha cianose.
-
Gas altamente tóxico, pseudo-halóxeno, que se obtén por oxidación dos ións cianuro, por exemplo, con cobre(II):4NaCN+2CuSO 4 → (CN) 2 + 2Na 2 SO 4 +2CuCN. Emprégase en síntese orgánica como fumigante e como combustible de foguetes.
-
-
-
Proceso de cementación dos aceiros cun baño de sales fundidos a unha temperatura aproximada de 800°C. O baño normalmente está formado por cianuro (70%), carbonato (25%) e, como estabilizador, cloruro sódico. Durante o proceso difúndese carbono e, en menor proporción, nitróxeno pola superficie do metal. A cianuración emprégase principalmente para cementar pezas pequenas e ten a vantaxe de ser un método rápido que permite temperar o aceiro sen volver quentalo, ademais de deixar as pezas lisas e limpas.
-
Procedemento de obtención do ouro e da prata que consiste en tratar o mineral cunha solución de cianuro alcalino en presencia de aire. O ouro ou a prata disólvense por formación dos cianocomplexos, moi estables: 4Au + 8NaCN+O 2 +2H 2 O→4Na[(CN) 2 Au]+4NaOH. A precipitación do metal prodúcese por cementación con cinc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Someter unha substancia a cianuración.
-
-
Relativo ou pertencente ao ácido cianúrico.
-
Trímero do ácido ciánico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos sales do ácido cianhídrico. Hai catro tipos estruturais: iónicos, covalentes, complexos con grupos discretos e supercomplexos, derivados metálicos dos anteriores. Os metais alcalinos e algúns alcalinotérreos forman cianuros iónicos; a prata e outros metais nobres forman cianuros covalentes e moitos metais de transición forman cianuros complexos da forma [Mx+(CN)n]+x-n. Os cianuros alcalinos son moi velenosos xa que ao inxerilos desprenden ácido cianhídrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de usuarios do ciberespacio coordinada por Camilo Regueiro que pretende promover o uso da lingua galega en Internet e na informática, con axuda para a creación de páxinas web, aplicacións e produtos no noso idioma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín Cyprianus, nome étnico derivado do xentilicio cyprius ‘de Chipre’, aínda que tamén pode facer referencia a Cipris ou Ciprina, alcume de Venus, deusa venerada en Chipre. Na súa orixe foi só un nome persoal pero enseguida pasou a apelido e topónimo; de feito, moitos dos santuarios de san Cibrán construídos nos cumios dos montes pasaron, por extensión semántica, a designar os mesmos montes. Como prenome presenta as variantes Cibrao e Ciprián (normativas), e Sibrán, Xibrán e Sidrán (populares). É un dos santos máis antigos na tradición relixiosa hispánica (s V); o seu culto remóntase aos tempos nos que se iniciou o contacto entre Galicia e Oriente. Entre os santos que levan este nome destacan san Cibrán de Cartago (s III) e san Cibrán de Antioquía (ss III-IV). A san Cibrán, quen fora meigo antes de se cristianizar, atribúeselle a autoría de libros de maxia espallados por toda Europa,...
-
PERSOEIRO
Mártir cristián. Segundo conta a lenda, ao nacer foi consagrado ao demo polos seus pais. Co tempo adquiriu poderes satánicos e converteuse en meigo. Cibrán o Mago coñeceu en Antioquía unha doncela cristiá, Xustina, da que se namorou. Ao non ser correspondido, recorreu ás súas malas artes para seducila pero Xustina logrou librarse da influencia demoníaca grazas ao sinal da cruz. Tamén Cibrán foi quen de coñecer a graza divina logo de se persignar; daquela, acudiu ao bispo de Antioquía para recibir o bautismo, foi ordenado diácono e consagrado bispo, e fundou un mosteiro no que nomeou abadesa a Xustina. Pero, ao pouco, ambos os dous foron encarcerados e martirizados por orde de Diocleciano; ao saíren das torturas sen mal ningún, foron enviados a Nicomedia e decapitados sete días despois. A reforma litúrxica posterior ao Concilio Vaticano II eliminouno do calendario romano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor latino, mártir e un dos Pais da Igrexa. Tras vivir unha mocidade entregada aos vicios converteuse ao cristianismo no 246; tres anos despois foi elixido bispo de Cartago e reorganizou a Igrexa de África, malia a violenta persecución de Decio que o obrigara a saír da cidade. No 255 mantivo unha controversia co Papa Estevo, quen autorizaba os bautismos conferidos por herexes fronte á súa opinión, non tan indulxente, e á dos bispos africanos. O procónsul Paterno desterrouno ao tunesino cabo Bon, pero, tras volver ser arrestado, regresou a Cartago; meses despois foi decapitado ao se negar a sacrificar os ídolos. A súa obra divídese en cartas e tratados (sermones, libelli, tractatus), entre os que destaca De habitu virginum, Catholicae ecclesiaeunitate ou De lapsis. A súa festa celébrase o 16 ou o 26 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO