"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Dispositivo empregado para identificar os dous polos, positivo e negativo, dun xerador de corrente continua ou de dous bornes dun circuíto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento do Paraguay (9.496 km2; 140.696 h [estim 1998]). A súa capital é Caazapá (2.948 h [1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote escolapio. Abandonou a orde e refuxiouse en Xibraltar, onde se convertería ao protestantismo. Estableceuse en Madrid (1875), e instaurou alí a sé da Igrexa Española Reformada Episcopal da que foi o primeiro bispo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de madeira con forma aplanada onde os segadores levan a auga e a pedra de afiar no tempo da seitura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sentado ou montado sobre algo ou alguén coas pernas abertas, unha para cada lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao de madeira rematado nun puño, que se emprega como bastón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de San Cibrao das Viñas. As súas armas levan, en campo de azul, unha cachapica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dedo gordo da man.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Pontecaldelas. Relacionado con esta caste está o apelido Cacharopo. As súas armas levan, en campo de goles, un cachapo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao longo cun extremo máis avultado ca o outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Brasil, no estado de Espírito Santo, ao N de Rio de Janeiro (125.800 h [1980]). Atravesada polo río Novo do Sul. A súa economía baséase na gandería e na agricultura (café, cana de azucre, millo e tabaco).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos caiapós.

    2. Individuo do conxunto de tribos caiapó.

    3. Conxunto de tribos indíxenas do Brasil da familia jê, situadas entre o curso medio do río Araguaia e do Xingu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristino Álvarez Herrera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Comparte con outros membros da súa xeración as propostas conceptualistas da escultura europea contemporánea onde se mesturan a pintura, a escultura e as instalacións expositivas. Comezou a expoñer nos anos oitenta. A súa obra está representada na Fundação Calouste Gulbenkian e no Museo Nacional de Arte Moderna, entre outras institucións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cangrexos decápodos braquiúros, de ata 12 cm de ancho, corpo globoso e cor críptica. A cuncha presenta expansións laterais onde encaixan as extremidades flexionadas ante unha ameaza. As pinzas teñen o mesmo tamaño e son moi anchas, coa palma dilatada en sentido vertical a xeito de escudos que protexen toda a parte anterior do corpo, especialmente os palpos e o resto das pezas da cabeza. Unha das pinzas presenta un esporón que lle serve ao animal para abrir os moluscos dos que se alimenta. O xénero engloba un centenar de especies distribuídas principalmente en augas quentes e mornas, en arrecifes de coral e costas rochosas. Na costa atlántica galega está presente a especie C. granulata de 75 mm de ancho por 60 mm de longo, de cor rosa amarelada con manchas rosáceas. Vive en fondos mariños de cascallo e area, comprendidos entre os 13 e os 400 m de profundidade, onde pode resultar común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto decorativo de certo peso que se coloca sobre un conxunto de papeis para que non se perdan ou movan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superintendencia de finanzas da Igrexa Romana presidida por un cardeal camarlengo. Apareceu no s XI como financeira da curia e dos bens temporais da Igrexa, e nos ss XIII-XIV absorbeu algunhas funcións en materia penal e civil. Actualmente lle corresponde a defensa do patrimonio temporal da Igrexa, e o camarlengo goza de facultades extraordinarias en caso de desocupación da sé pontificia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en Oviedo, está integrada no conxunto catedralicio. Construída no s X, é unha das arquitecturas emblemáticas do Camiño de Santiago do norte. Pertenceu á primitiva catedral ovetense. De planta rectangular, está estruturada en dúas alturas: a inferior está formada pola cripta ou capela de santa Locaia e acolle as reliquias de santo Euloxio, santa Locaia e as traídas da Arca Santa procedentes de Toledo; a planta superior é a cámara propiamente dita. No s XII reformouse e substituíuse a cuberta de madeira por unha bóveda de canón. Destacan as columnas da cámara con xambas decoradas coas figuras dos apóstolos, entre os que se atopa Santiago Peregrino, e os capiteis con escenas do Novo Testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO