"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

      1. Suceso ou acontecemento adverso que causa gran dano. Na tradición oral recóllense ditos como: “A desgraza que ha de vir, non pode fuxir. A peor gracia, é caer en desgracia. Como as cereixas son as desgracias, que unhas noutras se enganchan. Desgracias e malas horas sempre veñen todas”.

      2. Suceso no que unha persoa pode resultar danada, ferida ou morta.

      1. Estado ou circunstancia que leva a non ser feliz ou a unha situación lamentable.

      2. Mala sorte.

    1. Situación da persoa que perdeu a graza ou o favor de alguén. OBS: Xeralmente, emprégase nas construcións estar ou caer en.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desgraciar ou desgraciarse.

    2. Que ou quen sofre unha desgracia.

    3. Que ou quen está nunha mala situación, en especial económica.

    4. Que está dominado pola mala sorte.

    5. Que comporta ou causa desgracia.

    6. Persoa que merece desprezo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar a perder algo.

    2. Causar algún mal físico ou moral a alguén.

    3. Botarse a perder algo ou alguén.

    4. Sufrir alguén algún contratempo ou dano físico grave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Determinación das rendas ou patrimonios completamente libres de imposición, é dicir, que non forman parte da base impoñible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rebaixar os impostos que pesan sobre determinadas cousas, particularmente os dereitos de aduanas.

    2. Ser deducibles os gastos do importe dun imposto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tirar os grelos a unha planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desguedellar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode desintegrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desintegrar ou desintegrarse.

      1. Proceso que provoca un cambio na estrutura interna dun núcleo atómico. Pódese producir de forma espontánea ou pode estar provocado pola interacción con partículas ou fragmentos nucleares de alta enerxía; neste caso recibe o nome de reacción nuclear. Distínguense dous tipos principais de desintegracións, as alfa (α) e as beta (β), que se diferencian en que a primeira ten un espectro discreto de enerxía, mentres que na segunda é continuo. Xunto con estes fenómenos prodúcese a miúdo unha radiación electromagnética (γ). Existen na natureza toda unha serie de núcleos radioactivos: os de número atómico superior a 82, que proveñen das desintegracións do uranio 238, do torio 232 e do uranio 235, e teñen unha vida media moi longa; os de número atómico inferior a 82, coma por exemplo o potasio 40; e, finalmente, os que se forman de xeito espontáneo por mor das reaccións nucleares, coma o tritio e o carbono 14. Hai tamén radionúcleos artificiais, coma o cobalto 60 ou o cesio 137. A...

      2. constante radioactiva/de desintegración

        Coeficiente de proporcionalidade que relaciona o número de núcleos que se desintegran por unidade de tempo co número de núcleos presentes naquel instante. As magnitudes derivadas da constante de desintegración son a vida media e o período radiactivo.

      3. desintegración alfa

        Desintegración dun núcleo por emisión dunha partícula alfa.

      4. desintegración beta

        Desintegración dun núcleo por emisión dunha partícula beta ou por captura dun electrón cortical.

      5. desintegración dobre beta

        Desintegración pola que os neutróns dun átomo se transforman en dous protóns e inxectan dous electróns e dous antineutróns.

      6. desintegración non radiactiva

        Desintegración dun átomo ou molécula dun estado excitado a un estado de menor enerxía sen emisión de radiación electromagnética.

    2. Proceso de redución das dimensións dos sólidos como resultado da aplicación de forzas de compresión ou de cortes efectuados nun desintegrador. Esta operación vai ligada sempre á obtención final dunha medida de partícula controlada, e tamén a unha dispersión estatística das dimensións das partículas.

    3. Proceso ou situación de disgregación dos elementos dun sistema social producido por unha carencia de cohesión interna, da organización funcional, ou pola desaparición dos intereses comúns. No caso dun grupo, a desintegración é consecuencia da perda de identificación co grupo por parte dos membros, ou da disolución da estrutura do grupo pola acción de axentes esóxenos ou endóxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desintegrar ou desintegrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que desintegra.

    2. Organismo que utiliza como fonte de alimento a materia orgánica, animal ou vexetal, que descompón e mineraliza mediante a produción de enzimas extracelulares. A maior parte dos desintegradores son bacterias e diversos tipos de fungos que constitúen un grao esencial en calquera cadea de alimentación. Nútrense dos restos doutros membros do ecosistema, fan soluble a materia orgánica e fana apta para a acción dos transformadores.

    3. Aparato que se emprega para pulverizar e moer substancias. Segundo a medida do material de alimentación e do produto que se obtén, pódense clasificar en machucadores, trituradores e muíños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou o que desintegra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dividir algo nas súas partes integrantes ou descompoñelo ata quedar reducido ou practicamente destruído.

    2. Dividirse algo nos elementos que o conforman ou descompoñerse ata quedar reducido ou practicamente destruído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de debuxo que serve para transportar sobre o papel a representación dun obxecto mediante un punto de mira móbil e un cursor provisto dun lapis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación gráfica dun fenómeno, dunha lei ou da distribución das partes dunha cousa.

    2. Representación gráfica que se traza xeralmente nun plano, dotado duns eixes de coordenadas co fin de ilustrar a relación existente entre dúas cantidades variables, unha delas pode considerarse como a función da outra.

    3. Representación gráfica na que se relacionan variables que inciden no tempo atmosférico, tomadas nun período e nun territorio concretos, e que permite caracterizar o clima dese territorio.

    4. Representación gráfica dunha variable estatística, xeralmente discreta, na que aparecen os valores da variable xunto coa súa frecuencia relativa, representada en forma de barra ou segmento de lonxitude proporcional a dita frecuencia. Tamén recibe o nome de gráfico de barras.

    5. Representación gráfica na que as unidades esenciais dun sistema, frecuentemente electrónico, se trazan en forma de rectángulos ou bloques, e a súa interacción se representa por liñas que unen estes bloques.

    6. Representación gráfica que mostra a relación entre as fases sólida, líquida e gasosa ao modificárense unha serie de condicións como a temperatura ou a presión. Permite determinar os cambios que se producen nelas ao ser modificadas. Ten aplicación no estudo de aliaxes, mesturas salinas ou disolucións salinas.

    7. Representación gráfica da secuencia de operacións constitutivas dun proceso. Utilízanse símbolos normalizados para representar as distintas operacións e unidades de equipo, e liñas e frechas para representar as correntes entre os diferentes subsistemas. En ocasións, incorpóranse á representación os valores das variables características das distintas correntes e subsistemas.

    8. Representación gráfica de todas as forzas que actúan sobre un corpo ou un sistema de partículas materiais. Cando este corpo é practicamente indeformable, o diagrama denomínase diagrama do sólido libre, feito que permite establecer as condicións de equilibrio.

    9. Representación gráfica que mostra a variación do punto de ebulición e da composición do vapor dunha mestura de dous líquidos ao variar a composición da mestura líquida de partida.

    10. Representación gráfica formada por un círculo no que cada sector corresponde a unha modalidade e as porcentaxes son proporcionais á superficie do sector. Tamén reciben o nome de gráfico de sectores ou diagrama circular.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un diagrama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Licenciado na Escola Superior de Belas-Artes de Lisboa (1977), foi profesor na Universidade Técnica de Lisboa (1985-1996), na Universidade do Porto (1997), na Universidade Autónoma de Lisboa (1998) e na Facoltá di Architettura do Politecnico di Milano (1999). Traballou con Egas José Vieira, con quen fundou o estudo Contemporânea (1990). Entre as súas obras destacan a nova sede da Associação Portuguesa de Arquitectos no antigo edificio do Banhos de São Paulo (Lisboa, 1991), o Pavilhão de Portugal na Expo’92 (Sevilla, 1989-1992) e a Porta Sul da Expo’98 (Lisboa, 1998). En 1999 recibiu, xunto con Vieira, o Prémio AICA/Ministério da Cultura (Arquitectura) polo conxunto da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Licenciado en Teoloxía no colexio San Bartolomé de Salamanca, foi mestre doméstico de Pedro de Castro e, cando este ocupou o bispado de Salamanca, seguiuno como provisor da diocese. Posteriormente foi cóengo da catedral de Ourense, onde se constituíu unha fundación co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO