"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • GALICIA

    Enxeñeiro e político. Foi decano do colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (1988-1996 e desde 2000) e presidente da Autoridade Portuaria da Coruña (1982 e 1996-1999). Presidiu o Partido Demócrata Liberal en Galicia e foi membro do comité executivo nacional (1982-1989). Foi deputado no Parlamento de Galicia por Coalición Popular (1985-1989) e conselleiro de Pesca, Marisqueo e Cultivos Mariños (1986-1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi cóengo, coa dignidade de cardeal, da catedral de Santiago de Compostela, onde tamén exerceu como fabriqueiro, capelán maior e xuíz privativo eclesiástico do Hospital Real e reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago de Compostela e das escolas de Artes e Oficios e Debuxo (1784) e restaurou o antigo Colexio de Fonseca. Carlos III presentouno para o bispado de Lugo en 1785, aínda que morreu antes de tomar posesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Sarria, situado na provincia de Lugo no centro-L da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro da provincia de Lugo. A súa posición xeográfica é de 42° 49’ 30” latitude N e 7° 30’ 40” lonxitude O. Limita ao N co concello do Corgo e co de Guntín (comarca de Lugo), ao L cos de Láncara e Sarria (comarca de Sarria), ao S co de Paradela (Sarria) e ao O cos de Portomarín e Guntín (Lugo). Abrangue unha superficie de 75,7 km2, en que acolle unha poboación de 1.770 h (2007) distribuídos nas parroquias de Adai, Friolfe, Gondrame, Grallás, Moscán, Neira, Piñeiro, Reascos, Ribas de Miño, A Ribeira, Sa, San Vicente de Gondrame, Santo André da Ribeira, A Torre, Vilafiz, Vilarmosteiro, Vilasante e Vileiriz. A capital está no lugar de Trebolle, parroquia da Torre, localizada a 119 km de Santiago de Compostela e a 18 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Sarria.
    Xeografía física
    A simplicidade é a nota característica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso que forma o límite natural entre os concellos do Páramo, Sarria e Paradela. A súa máxima altitude está no monte O Páramo de 876 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo que está formado polos concellos do Páramo e Paradela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao paramorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polimorfismo dun mineral que consiste no feito de que o cambio da forma cristalina ten lugar sen destrución e coa orientación do novo cristal sobre o anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tui baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Val do Dubra baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Val do Dubra. Realizada en granito durante o s XIII, ten unha nave e ábsida rectangulares. Destaca a ventá da cabeceira, de estilo románico e enmarcada por un arco de medio punto, cunha arquivolta axadrezada, e dúas columnas con capiteis vexetais. A sancristía, pegada ao muro meridional, é da época da restauración da igrexa (1646).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produtora cinematográfica que fundou Adolph Zukor en Nova York en 1912. Denominada inicialmente Famous Players Film Company, non adoptou o nome de Paramount Pictures ata 1916, ano en que se fusionou coa Jesse L. Lasky Company e pasou a ser unha das cinco grandes compañías estadounidenses. A súa primeira produción de éxito foi o filme Wings (1928), que conseguiu o Oscar á mellor película nese ano. En 1966 foi absorbida pola Gulf and Western Industries e en 1994 pasou a formar parte, xunto coa súa división televisiva, do grupo Viacom Inc. Algúns dos seus filmes máis representativos foron The Ten Commandments (1956), Psycho (1960), a triloxía The Godfather (1972, 1974 e 1990), Braveheart (1995) e Titanic (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno das facultades musicais que lle permite ao enfermo cantar, pero equivocándose nos tons e nos intervalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mecanismo do tear mecánico que o para automaticamente ao atrancarse ou acabarse a trama contida na lanzadeira. Pode ser lateral ou central. O paratrama lateral actúa cada dúas pasadas e emprégase en teares estreitos sen cambio de caixas de lanzadeiras ou con cambio de caixas unilateral. O paratrama central actúa en cada pasada e emprégase en teares amplos ou con caixas de lanzadeira en cada lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Ingresou no exército en 1816 e serviu en diversos reximentos galegos. En 1823 defendeu o absolutismo en Lugo e loitou constra os liberais en Pontesampaio e Vigo. En 1826 ingresou na garda real. Loitou contra os carlistas e obtivo os graos de brigadier e mariscal de campo. Morreu no enfrontamento contra as tropas carlistas de Ramón Cabrera. Foi procurador a Cortes entre 1834 e 1837. Escribiu un tratado de instrución militar e recibiu a cruz de primeira e terceira clase de San Fernando e a cruz de San Hermenegildo. Os seus descendentes recibiron o título de marqués de Casa Pardiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Novo Gales do Sur, Australia, situada xunta o río do mesmo nome (139.157 h [1996]). Crecida pola absorción en 1948 de Granville, Dundas e Ermington-Rydalmere, constitúe o segundo establecemento branco máis antigo de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista, irmán de Ubaldo e Manuel Pasarón Lastra. Foi xuíz de Viveiro (1838) e xuíz de primeira instancia en Ferrol (1841), maxistrado da Audiencia de Valladolid (1842) e ministro da Audiencia de Pamplona (1843). Membro dos progresistas, foi deputado polo distrito de Ribadeo e pola provincia de Lugo (1850-1852) e intendente xeral de Cuba (1854-1856). Foi gobernador civil da Coruña e vicepresidente do Congreso. Escribiu Proyecto de bancos agrícolas para las provincias de Galicia y Asturias (1853), Informe sobre el estado en que halló a los colonos pobres de Galicia el hambre que los afligió durante el año 1853 (1853) e La Isla de Cuba considerada económicamente (1858). O seu irmán Manuel Pasarón Lastra (Castropol s XIX) foi xuíz en Ordes, secretario da Audiencia da Coruña e deputado pola provincia de Lugo (1854-1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa feita con cousas brandas ou sucias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como Janet Frame, acontecementos como a enfermidade do seu irmán e a morte de dúas irmás en accidente marcaron especialmente a súa obra, en que explorou os trastornos psicolóxicos de personaxes marxinados, alienados e illados. Da súa produción destacan a colección de narracións The Lagoon (1951), as novelas Scented Gardens for the Blind (1964) e Intensive Care (1970), e a súa autobiografía en tres volumes To the Island (1982), An Angel at My Table (1984) e The Envoy from Mirror City (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista. Despois de proclamarse campión de España de minimotos (1998), debutou no campionato do mundo en 125cc no GP de Xapón (2001). Converteuse no piloto máis novo en conseguir dous títulos mundiais ao gañar o título de 125cc (2003) e o de 250cc (2004) con 19 anos, malia as graves lesións sufridas nunha caída da moto. No 2005 volveu proclamarse campión do mundo, tamén lesionado. Ese mesmo ano comeza a súa etapa en MotoGP co equipo Repsol Honda. A primeira vitoria nesta categoría conséguea no Gran Premio de China (2006), chegando a quedar quinto na clasificación xeral desa tempada. Na tempada 2007 sube ao segundo posto, e nos anos 2008 e 2009 remata terceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO