Pardiñas Villardefrancos, Ramón
Pardiñas Villardefrancos, Ramón
Militar. Ingresou no exército en 1816 e serviu en diversos reximentos galegos. En 1823 defendeu o absolutismo en Lugo e loitou constra os liberais en Pontesampaio e Vigo. En 1826 ingresou na garda real. Loitou contra os carlistas e obtivo os graos de brigadier e mariscal de campo. Morreu no enfrontamento contra as tropas carlistas de Ramón Cabrera. Foi procurador a Cortes entre 1834 e 1837. Escribiu un tratado de instrución militar e recibiu a cruz de primeira e terceira clase de San Fernando e a cruz de San Hermenegildo. Os seus descendentes recibiron o título de marqués de Casa Pardiñas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela -
Deceso
Lugar : Maella, Zaragoza