"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Que torce os pés cara a dentro ao camiñar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte exterior da codia dalgunhas árbores, especialmente da sobreira, constituída por un tecido lixeiro (dunha densidade de 0,240 g/cm 3 ), poroso e impermeable, que protexe os troncos, as pólas e as raíces grandes. As células que constitúen este tecido están impregnadas de suberina, que lles confire impermeabilidade. O máis espeso e comunmente empregado é o da sobreira, que ten a propiedade de formar unha nova capa moi fina e homoxénea despois de descortizala. No aproveitamento da cortiza distínguense dúas fases: na primeira, escáscase a árbore e, na posterior -que se realiza cada vez que o seu grosor é duns 25 mm, isto é, cada 5-10 anos, segundo a natureza do solo, a latitude e as condicións meteorolóxicas-, a cortiza que se obtén prénsase, déixase secar ata perder a auga que representa o 15-20% do peso, trátase en quente (con auga fervendo ou vapor) para darlle maior elasticidade, ráspase mecanicamente para eliminar a capa superficial e sométese a operacións de acabado dos...

    2. Obxecto elaborado coa codia da sobreira.

    3. cortizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome clásico de Corfú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Cercira Filla do río Asopo e da arcadia Metope. Foi raptada por Posidón, quen se uniu a ela na illa de Corcira (actual Corfú), e da que recibiu o seu nome. Ambos tiveron un fillo, Féax, epónimo dos feacios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido galego Corcova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. De formación autodidacta, instalouse en Euskadi. A súa obra, iniciada na admiración cara a Ciriaco Párraga, evolucionou dentro dun realismo poético, que unhas veces converteu a paisaxe na protagonista da súa obra e outras nun obxecto do contorno do artista. Ademais cultivou escenas populares, tratadas, ao igual ca as paisaxes, cunha técnica de pincelada matérica. Realizou exposicións, entre outros lugares, en Bilbao, València e Pontevedra. Foi galardoado pola Bienal de Arte de Pontevedra (1973-1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Avión baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Avión. Cómpre destacar o retablo do s XVIII que contén as imaxes de santa Mariña, san Bieito e san Gregorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tapar os desperfectos dunha peza de roupa mediante puntadas mal feitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protuberancia que aparece no lombo ou no peito como consecuencia dunha malformación da columna vertebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que tivo a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que se caracterizaban por ter chepa. O étimo deste antropónimo é o latín vulgar cucurvu ‘encorvado’, de aí corcova ‘cousa que ten forma de arco’. Documéntase no s XV: “Diego Fernandez Corcova” (doc ano 1419 en Emilio Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 14). Adoita aparecer grafado con b non etimolóxico (Corcoba).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Outeiro de Rio de Janeiro situado sobre a praia de Botafogo e con forma de pão de açúcar con 704 m de altitude aproximadamente. No seu cume hai unha estatua de Cristo Redentor de máis de 34 m de altura, inaugurada o 12 de outubro de 1931 e construída polo enxeñeiro Heitor da Silva Costa e polo escultor Paul Landowski. Erixida sobre un pedestal no que se construíu unha capela, a figura móstrase cos brazos abertos e diríxese cara a Botafogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten corcova. Na tradición oral recóllense ditos como: “O corcovado non ve a corcova que leva, senón a allea. O corcovado non ve a súa corcova e ve as outras todas”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten corcova.

    2. Salto ou brinco dado por algúns animais curvando o lombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Marcos que dá nome ao concello de Corcubión, por ser onde radica a vila que é capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Fisterra, situado na provincia da Coruña no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N e ao L co municipio de Cee, ao S co océano Atlántico, e ao O e L coa ría de Corcubión. Abrangue unha superficie de 6,5 km 2 cunha poboación de 1.887 h (2007) distribuídos nas parroquias de Corcubión e Redonda. A capital, a vila de Corcubión, está situada a 42° 56’ 50’’ de latitude N e 9° 11’ 45’’ de lonxitude O, 96 km ao SO da Coruña e 90 km ao O de Santiago de Compostela. É cabeceira de partido xudicial e está adscrito á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O territorio municipal de Corcubión está baixo o dominio climático oceánico húmido. Recibe a influencia directa dos fluxos ciclónicos do O e do NO, pero está situado ao abrigo das correntes perturbadas do SO pola interposición das Rías Baixas e das plataformas occidentais galegas. Caracterízase por unha suavidade térmica notable e unhas precipitacións relativamente abundantes....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa con cabeceira na vila de Corcubión que ten xurisdición sobre os concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas. Establecido en abril de 1834, substituíu o partido de Vimianzo, vila que ostentara a cabeceira na súa orixe.

    VER O DETALLE DO TERMO