Corcubión, partido xudicial de
Corcubión, partido xudicial de
Demarcación administrativa con cabeceira na vila de Corcubión que ten xurisdición sobre os concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas. Establecido en abril de 1834, substituíu o partido de Vimianzo, vila que ostentara a cabeceira na súa orixe.