"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Poeta occitano. Escribiu o Breviario de amor (1288), poema moral en 34.000 octosílabos do que no s XIV se fixo unha versión en prosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sétimo conde de Urgell (1154-1184). Foi privado de Fernando II de León, quen o nomeou mordomo e lle fixo varias doazóns pola axuda que lle prestou na campaña contra os musulmáns en Extremadura (1167).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe xermánica, composto de irmin ‘grande, poderoso’ e sinths ‘forte’. Xa se documentan en textos temperáns as variantes Ermosinda, Hermosinda e Hermesinda, e os hipocorísticos Sinda e Ermosa. Deste nome derivan varios topónimos como Ermosende (Galdo, concello de Viveiro). Levaron este nome, entre outras, unha abadesa (s X), irmá de san Rosendo; a Raíña Ermesinda de Asturias (s VIII), filla de Paio I; e Ermesinda de Carcassonne (ss X-XI), muller de Ramón Borrell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Asturias, filla de Paio I e irmá do Rei Fáfila. O seu home, o Rei Afonso I o Católico (739-757), recibiu a coroa trala morte de Fáfila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condesa de Barcelona, muller de Ramón Borrell. Axudou o seu home na reconstrución do país tralas campañas de Almanzor e acompañouno nalgunhas expedicións militares. Ao quedar viúva (1017), gobernou como titora durante a minoría do seu fillo Berenguer Ramón I. Trala morte do seu fillo (1035), volveu gobernar como titora do seu neto Ramón Berenguer I o Vello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Igrexa pequena, que normalmente está nun lugar despoboado e afastada das poboacións, e que non adoita ter culto permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite ás parroquias de Teixeiro e Labio (concello de Lugo) e A Meda (concello de Castroverde). O seu cumio acada os 623 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, no litoral do concello de Ponteceso, entre as puntas da Furna, ao N, na parroquia de Corme-Aldea, e da Sapeira, ao S, na parroquia de Cospindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Baña baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pazos de Borbén baixo a advocación da Nosa Señora da Anunciación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino procedente do latín eremīta ‘ermitán’, ‘santuario’, termo, á súa vez, derivado do latín tardío eremus ‘deserto’, que ten a súa orixe no grego ἕ ρημος ‘solitario, deserto’. É o nome dunha advocación mariana. O santuario da Nosa Señora das Ermidas está situado no concello do Bolo, na diocese de Astorga. O seu nome débese a que durante a Idade Media varios ermitáns habitaron en covas e ermidas construídas por eles mesmos nestas montañas. Outro santuario dedicado á Virxe das Ermidas ou Virxe da Fonte Santa localízase no monte das Ermidas (A Lama), na serra do Suído. A súa festividade celébrase o 8 de setembro, agás na Lama, concello do que é patroa, onde se celebra o 5 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Bolo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario mariano situado nas Ermidas (O Bolo) e pertencente ao bispado de Astorga. Está situado nun lugar rochoso onde a vida relixiosa se estableceu en diversas ermidas situadas ao abrigo das covas. Unha das primeiras fundacións puido ser realizada por san Froitoso no s VII. Trala invasión musulmá a imaxe da Virxe, venerada nunha das ermidas, escondeuse para evitar profanacións e roubos. A lenda conta que esta imaxe foi descuberta por uns pastores ao observar que o seu gando emitía uns sons estraños ao chegar á entrada da cova. Daquela construíuse unha capela a finais do s XIII ou comezos do s XIV. En 1624 Alonso de Mexía y Tobar, bispo de Astorga, enfermou e, ante a gravidade do seu estado, invocou a Nosa Señora das Ermidas e sandou. En agradecemento mandou construír unha igrexa, dependencias para os seus administradores e unha residencia para os peregrinos; ademais a diocese estableceu unha escola de latín e filosofía. O seu sucesor no bispado, frei Nicolás de Madrid, converteuna nun...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado en Antas (A Lama). Coñécese tamén co nome da Fonte Santa pois a tradición conta que a Virxe se apareceu á beira dunha fonte, onde se puxo unha imaxe dela. A tradición di que se ten que beber da fonte da Virxe e mais das outras nove porque teñen poderes curativos. Na carballeira da capela destacan dous palcos de música, de 1952 e 1960, e un cruceiro de 1982 cunha mesa ao seu carón para celebrar a misa. A festa celébrase o 5 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica de Herminio/Herminia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa relixiosa que vive con austeridade, retirada do trato coa xente, e dedicada á oración e á meditación.

    2. Persoa que libremente elixe vivir afastada da xente.

    3. Persoa que coida dunha ermida ou santuario.

    4. Cangrexo da división dos anomuros, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira. Ten atrofiados os apéndices do lado dereito do abdome, que presenta pequenas espiñas coas que se fixa ao interior da cuncha, ademais de dous pares de patas reducidas que só colaboran na suxeición. Á parte do par de pinzas presentan dous pares de patas funcionais. Algúns órganos, como as glándulas dixestivas, as gónadas e os órganos excretores, preséntanse no abdome en vez de na posición orixinal no cefalotórax. Aliméntanse, xeralmente, de restos orgánicos. En caso de perigo, o cangrexo introdúcese na cuncha e só se pode ver, dende o exterior, parte das pinzas. Nas costas areosas ou lamacentas galegas están presentes os xéneros Clybanarius, Dardanus, Diogenes, Paguristes e Pagurus. Por ter un abdome mol, tamén recibe o nome vulgar de cu podre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gosudarstvennij Ermitaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán da rexión de Warmir, Polonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non está habitado ou con moi pouca poboación.

    2. Que é árido, ten escasa vexetación ou as terras sen cultivar.

    3. Terra árida e inculta.

    VER O DETALLE DO TERMO