"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

    1. Acto de asistir como madriña.

    2. Papel ou título de madriña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega que tivo o seu primeiro asentamento en Madriñán (Lalín), de onde pasou a América.

    2. Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, un compás de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de santo Adrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Propietario do diario La Nueva Época, editado en Ourense, escribiu Guía de Orense (1903-1912) e Sucinta historia de Orense (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Estreou en Ourense (1944) un poema en dous actos, con música do mestre Vide, que era unha escenificación dunha pasaxe da vida de santa Mariña de Augas Santas. Tamén escribiu Arelas iras (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, tres faixas ondadas de azul. Outra variante leva, en campo de prata, cinco faixas ondadas de azul; bordo de goles, cargado de catro estrelas e catro aspas de ouro, alternadas, comezando por unha aspa no cantón destro do xefe. Outra variante leva, en campo de ouro, tres faixas de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Traballou no diario brasileiro A Actualidade e en La España, para logo fundar El Diario Español de Montevideo (1906), que dirixiu posteriormente un fillo seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Debutou como internacional en 1965 e foi campión nacional absoluto de 100 metros lisos (1967,1968 e 1969), de 200 metros lisos (1968 e 1969) e de 400 metros lisos (1966). Participou nos Xogos Olímpicos de México (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (1923), onde traballou na área de filoloxía. Colaborador de diversas publicacións periódicas, como El Pueblo Gallego, Nós e A Nosa Terra, xunto con Filgueira Valverde, Lois Tobío e Cordal Carús, contribuíu á elaboración do Vocabulario popular galego-castelán, que se entregaba con El Pueblo Gallego. Ademais de diversos artigos de ensaio, publicou, dentro da colección Lar, os relatos O kalivera 30 H.P. (1926) e O filósofo de Tamarica (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Foi cofundador de Nova Galiza e Encrucillada. Escribiu La Iglesia en la Galicia contemporánea: 1931-1936 (1978), en colaboración con Francisco Carballo, Quiénes somos los gallegos (1979), A emigración: modernización e cambio social na Galicia contemporánea 1900-1936, e foi coautor de O monte comunal na Galicia contemporánea: unha historia de resistencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse en Santiago, na Sociedade Económica de Amigos del País. De estilo ecléctico, destaca o retablo neogótico (1906) da Capela das Reliquias na catedral de Santiago de Compostela, o de Santa María de Pontevedra e o de Santiago de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda antiga romana de bronce, cuñada a consecuencia das reformas de Diocleciano (297). Substituíu o antigo sestercio e tiña un peso que oscilaba entre 4,5 g e 5,2 g e un diámetro de 23 mm.OBS: Tamén se denominaba pecunia maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é maligno ou perverso.

    2. Que ou quen engana ou estafa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ucraíno. Influído polo fauvismo e pola arte popular do seu país (1911), cultivou o cubismo. Creou unha obra de tema popular, baseada na simplificación dos volumes, que o conduciu ao suprematismo, do que foi o creador con obras como Cadrado negro (1915). En 1915 redactou o manifesto Do cubismo ao suprematismo, en oposición ao lucismo, e publicou Die gegenstandslose Welt (O mundo da non representación, 1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ou quen é amigo de mandar.

      2. Persoa influente nos ambientes intelectuais ou políticos.

      1. Relativo ou pertencente aos mandaríns ou ao dialecto mandarín.

      2. Alto funcionario civil e militar da China imperial,e doutros países asiáticos, que tiña ao seu cargo o goberno dunha cidade ou da administración e que podía pertencer a diversas categorías.

      3. Lingua chinesa do grupo han que fala un 75% da poboación de China. A lingua común ou putonghua do chinés baseouse na pronuncia do mandarín, localizada en Pequín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froita do mandarineiro, comestible, semellante á laranxa, pero máis pequena, deprimida, de pel delgada, facilmente pelable e dun gusto máis suave, da que existen diferentes variedades, como a clementina, a satsuma, máis doce, ou a mediterránea, tamén denominada mandarina común ou de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou condición de mandarín.

    2. Territorio sobre o que tiña xurisdición un mandarín.

    3. Clase ou estamento dos mandaríns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben distintas especies de árbores do xénero Citrus, da familia das rutáceas, que presenta follas alternas, elípticas ou lanceoladas, de cor verde, flores hermafroditas aromáticas e de cor branca, illadas ou agrupadas en pequenos grupos, e froito de interese en alimentación, as mandarinas. Entre elas atópase C. reticulata (mandarineiro clementino) que dá lugar ás clementinas, C. unshiu (mandarineiro satsuma) que dá lugar á variedade satsuma e C. deliciosa que dá lugar á mandarina mediterránea. O mandarineiro é unha árbore orixinaria de China, que se cultiva, ademais de polos seus froitos, como planta ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do municipio de Santa Colomba, na comarca de La Maragatería, que está integrada na provincia de León, Castela e León, e situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Está localizada no monte Irago, nos límites coa comarca do Bierzo, e foi o primeiro lugar da comarca que contou con hospital de peregrinos no s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kathleen Mansfield Beauchamp.

    VER O DETALLE DO TERMO