Manjarín

Manjarín

Localidade do municipio de Santa Colomba, na comarca de La Maragatería, que está integrada na provincia de León, Castela e León, e situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Está localizada no monte Irago, nos límites coa comarca do Bierzo, e foi o primeiro lugar da comarca que contou con hospital de peregrinos no s XVI.